Junts disponse a tombar o decreto paliativo da vivenda canda PP e Vox
Agás sorpresa maiúscula, a formación de Puigdemont volverá unir os seus votos aos de Feijóo e Abascal para, como a comezos de ano, volver provocar a derrogación de medidas como a moratoria xudicial de desafiuzamentos ou a contención de prezos do alugueiro. "O seu voto retrataraos ante xeracións enteiras", advirte Sánchez mentres medra o ruxerruxe dun posible adianto electoral