Dereito á vivenda
50.000 euros para empresas, 30.000 para familias: a disparidade das axudas da Xunta para rehabilitar vivendas
O Goberno galego subvenciona ata o 95% das obras ás empresas que rehabiliten vivendas para alugar ao seu persoal por ata 650 euros ao mes, pero só o 75% do custo no caso dos particulares en concellos pequenos
Que un piso turístico estea legal "non exclúe que sexa 'actividade molesta'": un xulgado fixa límites no Pino
Unha sentenza dá a razón a unha comunidade de propietarios e considera "actividade molesta e prexudicial" o uso "con fins turísticos" dunha vivenda, que ordena cesar "en canto actividade xeradora das molestias acreditadas"
Santiago xa é zona tensionada: freo ás subas do alugueiro e gran posuidor dende 5 pisos
A publicación no BOE culmina a solicitude do Concello, que a Xunta aceptou no segundo intento entre advertencias da súa oposición política. Os novos contratos terán que "estar referenciados ao prezo anterior" para "evitar incrementos desproporcionados". Entre os datos achegados polo goberno local que xustifican a declaración destaca que o incremento dos custo dos alugueiros duplica a suba xeral dos prezos ao consumo
A Xunta revela as vivendas baleiras da banca ao Parlamento tras ter que publicalas por Lei de Transparencia
Vivenda entregou o 6 de xullo ao PSdeG na Cámara os mesmos datos do seu censo de pisos baleiros propiedade dos bancos que lle negara un mes antes. Pouco antes desta nova resposta Praza.gal obtivo a información e publicouna xunto cunha liberación íntegra dos datos
Paralizado o desafiuzamento dunha refuxiada ucraína e os seus catro fillos na Coruña
O desaloxo foi adiado ata o vindeiro día 15, prazo no que o Concello buscará unha alternativa habitacional para a muller, que temía ser separada dos seus pequenos.
- Datos Dereito á vivenda
- Política
As vivendas baleiras dos bancos son tantas como as que a Xunta prevé construír nesta lexislatura
A Sareb, o 'banco malo', é titular de máis da metade das vivendas baleiras inscritas no censo da Xunta cuxos datos vén de liberar Praza.gal, co Santander como segundo gran propietario. Estes pisos ou os públicos promovidos pola Xunta non cobren, nin de lonxe, as que van ir perdendo a condición de protexidas ata 2030 (máis de 35.000) e equivalen a apenas un 12% da demanda de pisos de protección no país
- Interactivo Dereito á vivenda
- Economía
Os bancos teñen 4.000 vivendas baleiras en Galicia: liberamos os datos
Praza obtén ao abeiro da Lei de Transparencia os datos do rexistro de vivendas baleiras propiedade de entidades financeiras que a Xunta evitou entregar ao Parlamento. A Coruña é o concello con máis pisos baleiros propiedade da banca, segundo os datos manexados polo Goberno galego, con máis de 300. A Sareb, o 'banco malo', é a entidade que máis vivendas baleiras ten inscritas neste rexistro
- Datos Dereito á vivenda
- Política
Os desafiuzamentos caeron a mínimos nos meses finais da moratoria
De xaneiro a marzo Galicia rexistrou 114 desaloxos en casos de impagamento de alugueiro. Só houbo menos no trimestre máis afectado polo confinamento da COVID, cando se suspenderan os prazos xudiciais. Malia este descenso, o total de desaloxos -incluíndo a trintena en vivendas hipotecadas- quintuplican os novos casos de ocupacións ilegais
Rueda e Besteiro confrontan sobre se Xunta ou Estado fan máis ante o problema da vivenda
O socialista cifra en 548 millóns os transferidos polo Estado desde 2018 e lamenta que aínda agora se comecen a edificar vivendas pola Xunta, que critica que os fondos estatais sexan para axudas e non para construír
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
O esforzo para alugar na Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago, por riba do recomendado
O prezo dos novos alugueiros nas catro urbes supera o 30% do salario bruto, o límite máximo aconsellado nas regras financeiras para manter unha economía persoal "saudable". No conxunto de Galicia o valor sitúase algo por debaixo (28,4%) pero tamén con tendencia a medrar.
- Entrevista | Javier Gil Dereito á vivenda
- Acontece
"Como solucionar a crise de vivenda? Reducindo o beneficio inmobiliario e redistribuíndo propiedades"
Javier Gil vén de publicar Generación inquilina. Un nuevo paradigma de vivienda para acabar con la desigualdad (Capitán Swing), unha obra na que este investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) analiza as causas da crise de vivenda que impide o acceso a un inmoble asequible a toda unha xeración. O vindeiro mércores 17 ofrecerá unha conferencia na sede coruñesa do COAG.