"O caso de Aurelia Rey tan só é a punta do iceberg"
Héctor Tejón, un dos voceiros de Stop Desafiuzamentos, repasa o caso da anciá coruñesa, que cualifica de "particular e específico" e que tan só "é unha parte" dun problema moito máis global.
Héctor Tejón, un dos voceiros de Stop Desafiuzamentos, repasa o caso da anciá coruñesa, que cualifica de "particular e específico" e que tan só "é unha parte" dun problema moito máis global.
A iniciativa galega de 'crowdfunding' para patrocinar familias ameazadas coa expulsión logra evitar o proceso de desaloxo dun pai e seu fillo en Miño grazas ás achegas solidarias e xa busca novas persoas ás que axudar.
Paralízase o desaloxo tras o acordo coa familia propietaria, que dá dous meses á muller de 85 anos para que busque unha nova vivenda. Uns trinta activistas permaneceron pechados nos Servizos Sociais da Coruña sete horas na procura dunha xuntanza co concelleiro que non chegou.
O presidente do TSXG recoñece "un problema social" nos desafiuzamentos pero lembra a obriga de cumprir as sentenzas xudiciais, algo que fai extensivo á Policía e aos Bombeiros.
O intento de desafiuzamento da anciá coruñesa débese a un "claro caso de 'mobbing' inmobiliario" derivado dun "sistema urbanístico inxusto" que pretende "desaloxar do centro da cidade unha poboación envellecida e precaria", segundo explica un colectivo de arquitectos.
A ameaza de desaloxo continúa sobre Aurelia Rey e Stop Desahucios pide que a anciá de 85 anos "poida valorar calquera tipo de oferta sen atoparse condicionada pola amenaza de ser expulsada da súa casa".
O IGVS ofrécelle dúas alternativas moi afastadas do seu barrio mentres seguen as negociacións para acadar un aluguer social máis achegado. A opción de que manteña o seu fogar está case descartada e as mobilizacións continúan ante o temor a un novo intento de desaloxo.
A presión cidadá detén temporalmente o desafiuzamento na Coruña de Aurelia Rey, unha muller de 85 anos. Os funcionarios xudiciais e a Policía intentan levar a cabo o lanzamento aproveitando a ausencia de manifestantes e xornalistas e a tensión acaba con varios cargos políticos no chan. Vídeos e galería de imaxes no interior.
A Policía e funcionarios xudiciais aproveitan a marcha dos manifestantes e da prensa para intentar o desafiuzamento de Aurelia Rey. A presión cidadá impide o desaloxo tras varios momentos de tensión nos que os concelleiros Carril e Santiso e mais o deputado Jorquera foron zarandeados. Video no interior
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) axuda dende 2009 a personas que pensan en suicidarse, aínda que o asunto comezara a coñecerse hai apenas un ano. As estatísticas non axudan a entender a relación entre desafiuzamentos e suicidios
Milleiros de galegos saen á rúa contra os desafiuzamentos e a favor da dación en pago e do aluguer social en sete cidades. Galería de imaxes no interior.