Dereito á vivenda
Catro días para evitar que Aurelia perda a súa casa
O vindeiro luns 18 esta muller de 85 anos será desaloxada da súa vivenda situada no centro da Coruña por non pagar un mes de aluguer. Stop Desafiuzamentos mobílizase para evitar a expulsión e denuncia a mobbing inmobiliario dos propietarios da casa e a inacción do Concello. Vídeo no interior.
A presión social fai recuar ao PP, que di si á tramitación da ILP sobre desafiuzamentos
Os populares dan marcha atrás malia anunciar que votarían no. Aceptan a toma en consideración da iniciativa, pero xa anuncian que utilizarán a súa maioría absoluta para que non saian adiante as medidas reclamadas.
A Xunta recortou os fondos para acceso á vivenda un 70% en tres anos
En plena vaga de desafiuzamentos, o Instituto Galego de Vivenda e Solo conta cuns 60 millóns de euros menos que en 2010 para facilitar que a cidadanía poida vivir nun piso protexido
A PAH arremete contra a banca e a conivencia política ante os deputados no Congreso
A portavoz do colectivo, Ada Colau, reprocha a indiferenza da Cámara ante "a estafa inmobiliaria" e pide o apoio á súa ILP, que reune máis de 750.000 firmas, e que se debaterá o martes. Santiago Lanzuela (PP), chama á orde a Colau despois de que esta cualificase de "criminal" o vicesecretario da Asociación Española de Banca
Culleredo non lle cobrará IBI a Novagalicia se troca hipotecas por alugueres sociais
A comisión de desfiuzamentos do Concello, cogobernado por PSdeG e BNG, propón eximir a entidade financeira de pagar o imposto de bens inmobles se evita desaloxar das súas vivendas as persoas que non as poidan pagar
A Xunta desdeña as alternativas da oposición para obter ingresos e paliar recortes
O PP desbota as emendas coas que PSdeG, AGE e BNG pretendían reordenar parte dos Orzamentos de 2013 e instaurar tributos para, por exemplo, gravar as rendas altas e as grandes superficies comerciais. A conselleira de Facenda acúsaos de "pintar ingresos".
"Culpar da crise á sociedade non axuda a frear os suicidios"
O psicólogo clínico Miguel Anxo García Álvarez participa en Compostela nun debate profesional sobre o drama dos desafiuzamentos. Recorda que todas as crises incrementan os suicidios, pero advirte da necesidade de diminuír os riscos "potenciando a atención primaria" ou evitando responsabilizar da situación económica aos máis prexudicados por ela.
Unha parella de anciáns de Lugo pelexa por non perder a súa casa nun proceso cheo de irregularidades
Os afectados, de 86 e 87 anos, veñen de denunciar o caso ante a Fiscalía de Lugo. Poden ser desafiuzados en base a demanda presentada en 2009 contra o seu neto, que sofre unha discapacidade psíquica, polo impago de dúas mensualidades dunha leira.
Cando hai que pagar por perder a casa
O Valedor do Pobo reclámalles aos concellos que non lles esixan o pagamento do imposto de plusvalías ás persoas afectadas por desafiuzamentos
As execucións hipotecarias soben un 23% en Galicia até setembro
Aumentan os expedientes previos ao desaloxo, malia que descende un pouco o número de desafiuzamentos, que marca un record no conxunto do Estado, con case 50.000 nos nove primeiros meses de 2012.
9 mil desaloxos despois, Galicia manifestarase contra os desafiuzamentos
O 28 de decembro Compostela, Lugo e Ferrol acollerán marchas esixindo a paralización das execucións e a posta en marcha da dación en pago retroactiva e dun parque de alugueiro social. Tamén se demandarán "responsabilidades xudiciais e políticas" aos responsables desta situación.