O PP duplica o que ENCE ofrece investir no pazo de Lourizán e teima en que a Deputación llo ceda
O popular Jacobo Moreira asegura que a pasteira ofrece 10 millóns de euros para instalar o seu centro tecnolóxico en Lourizán e rehabilitar o edificio, pero no pacto asinado coa Xunta figuran 5,6. Carmela Silva insta os conservadores a non "mentir".