A familia do detido por iniciar un incendio dá a súa versión: "Quéreno facer pasar por terrorista"
Falamos coa filla e un amigo do home de 55 anos detido o martes por realizar unha queima neglixente na súa leira, que provocou un incendio dunha hectárea. Denuncian que permaneceu catro días incomunicado e que está sendo utilizado como "cabeza de turco". Unha quincena de grupos ecoloxistas difunden un comunicado de apoio.