O PP aproba a 'Lei de Depredación' nun debate marcado pola política forestal
A Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Galicia modifica a Lei de Montes, Lei de Minaría e a Lei de Aproveitamento Eléctrico. A oposición alerta de que a norma reduce os controis medioambientais. Este domingo está convocada en Compostela unha manifestación de protesta. A Antón Sánchez (En Marea) foille retirada a palabra por centrar a súa intervención nos incendios