Os oito incendios iniciados nos últimos días queimaron xa 1.500 hectáreas
Tres focos arrasaron 790 hectáreas en espazos do Parque Natural da Baixa Limia-Xurés, no concello de Lobios. Dende onte está activo tamén un en Folgoso do Courel, que xa afecta a 150 hectáreas.