Rajoy asegura que a vaga de incendios foi "provocada" e non "casualidade"
O presidente do Goberno central di en Pazos de Borbén, onde xa non hai lume, que deu "ordes" á Garda Civil para "deter" os autores dos incendios
O presidente do Goberno central di en Pazos de Borbén, onde xa non hai lume, que deu "ordes" á Garda Civil para "deter" os autores dos incendios
O primeiro ministro, António Costa, alerta de que "situacións coma a de hoxe vanse repetir nos vindeiros anos" e responsabiliza do sucedido á falta de reformas estruturais nos últimos anos. Confía nas medidas adoptadas no verán, pero recoñece que tardarán anos en ter efectos. O Eixo Atlántico responsabiliza a Xunta da falta de cooperación transfronteiriza.
Repasa neste mapa a localización dos principais lumes que dende o sábado afectan a Galicia. A Xunta informa unicamente de aqueles que superan as 20 hectáreas de extensión, pero os medios de comunicación e as redes sociais permiten coñecer a localización de moitos máis
O presidente da Xunta centra na actividade "terrorista" dos incendiarios a reacción á vaga de incendios e asegura que o dispositivo antiincendios é "o dobre do habitual" neste mes
A solidariedade da veciñanza do Val Miñor, axudada dos reducidos recursos das administracións locais, foi o principal continxente contra o lume durante a noite
Foi unha noite moi longa. A veciñanza organizouse en moitos lugares de Galicia para protexer as súas casas. Moitas persoas, ademais gravaron en vídeo os efectos dos incendios. Estes son algúns, que amosan unha horas moi difíciles
"Os sistemas atuais de combate a incêndios não estão preparados para enfrentar um novo problema com raiz nas alterações climáticas", di un extenso relatorio de expertos que debullan a traxedia e advirten dos numerosos fallos na resposta ao lume pero tamén na xestión do monte ou na prevención
En 16 incendios a proximidade a zonas habitadas mantén activada a situación 2. Medio Rural non revela a superficie afectada polos incendios, pero si concreta que se manteñen 105 incendios en todo o país, 67 aínda activos
Os ventos do sur dos restos do furacán provocaron que practicamente toda Galicia superase os 30 graos este 15 de outubro
"Na zona atlántica o risco baixou de forma evidente", dicía o pasado mércores o presidente Feijóo cando se lle preguntou polas críticas dos sindicatos á redución do dispositivo de loita contra o lume
Dúas persoas perderon a vida cercadas polas lapas en Chandebrito (Nigrán) e outra en Carballeda de Avia. Rexistráronse 125 de incendios durante o domingo. O máis grave, orixinado en Ponteareas, avanza tras queimar xa 1.500 hectáreas e afectar a Pazos de Borbén, Soutomaior, Redondela e Vigo
Os últimos incendios revelados por Medio Rural superan as 2.000 hectáreas, 800 delas no Parque do Xurés. No que vai de mes rexistráronse 235 incendios, o habitual na última década era que nestas mesmas semanas do ano roldasen os 100