Os tres principais incendios da nova vaga de lume en Ourense achéganse ás 1.000 hectáreas
Afectan a Chandrexa de Queixa, Castro Caldelas e Monterrei. Este último obrigou a cortar de novo a A-52 e deixou sen electricidade milleiros de persoas en Verín e Oímbra. Na tarde deste mércores declaráronse novos incendios en concellos como Carballedo, Palas de Rei ou Porto do Son