Catro décadas de incendios queimaron o equivalente ao 55% da superficie de Galicia
Dende 1976 arderon en Galicia máis dun millón e medio de hectáreas de monte. A Xunta prohíbe "ata nova orde" as queimas controladas polas condicións meteorolóxicas tras arderen máis de 150 hectáreas na provincia de Ourense dende a pasada fin de semana.