
O TSXG anula a "privatización das avaliacións ambientais" aprobada por Feijóo e culminada por Rueda
O alto tribunal atende un recurso da CIG e anula os preceptos dun decreto derivado da 'lei de reactivación' que supuxeron "unha verdadeira privatización da tramitación da avaliación ambiental". O Goberno galego deixou nas mans das empresas consideradas "entidades de colaboración ambiental" toda "a tramitación da avaliación ambiental", con "carácter estrutural" e sen "mecanismos de control por funcionarios públicos", sentencia