Outro 17 de maio na rúa: "Máis que nunca, queremos galego"
A situación do galego é crítica, mais pode mellorar se se comeza por recoñecer o dereito a ser lingua visíbel, audíbel e practicábel sempre", reivindica a plataforma Queremos Galego dez anos despois das primeiras mobilizacións contra o recorte do galego no ensino