"Non queremos que Humberto quede como un asasino. Queremos que quede como o que é: un asasinado"
Este sábado 27 de setembro fan 39 anos das últimas execucións do franquismo. Entre elas a do vigués Xosé Humberto Baena, que será homenaxeado no cemiterio de Pereiró, e para o que a súa familia pide a reapertura do seu caso e que se recoñeza a súa inocencia. Falamos coa súa irmá, Flor Baena.