Orzamentos 2022
A Xunta corrixe mes e medio despois erros nos Orzamentos que eximían de taxas a algúns barcos e impedían o Banco de Explotacións agrarias
A anterior redacción obviaba as embarcacións por baixo de determinadas esloras e establecía o paradoxo de que a inclusión no Banco agrario se realizase “por solicitude das persoas interesadas cuxa explotación estea incluída no Banco”
Os letrados do Parlamento cren que o PP ataca o mercado e a Constitución ao compensar ás construtoras o encarecemento de materiais
Os populares continúan a tramitación das súas emendas á lei de acompañamento dos orzamentos malia ser advertidos polos servizos xurídicos da Cámara galega da ameaza de inconstitucionalidade que supoñen
O PP emenda os orzamentos da Xunta para facilitar nomeamentos 'a dedo' e compensar ás construtoras o encarecemento de materiais
Os populares permitirán que as xefaturas territoriais que ata agora só podían ocupar funcionarios da administración xeral tamén poidan ser entregadas a persoal sanitario ou educativo afín
O PP rebaixa aínda máis impostos ás rendas altas nas súas emendas aos orzamentos da Xunta
Os populares suprimen a proposta do Goberno galego de que o tipo impositivo para as rendas de máis de 100.000 euros subise do 22,5% ao 23,5% e confirman a rebaixa do 20,5% ao 18,5% para as rendas de entre 47.000 e 60.000 euros
A Xunta borrou "por erro" da lei agraria o proceso para trasladar concentracións parcelarias ao catastro e agora recupérao
En maio, ao querer engadir nesa lei 26 palabras para ampliar un prazo, redactou mal a reforma e borrou máis de 300 palabras que deixaron sen contido unha disposición que agora recupera na lei de acompañamento