O MGSM denuncia a limitación de ingresos psiquiátricos e a aceleración de altas en Santiago
A Plataforma sinala que se están a concentrar os ingresos na Unidade de Conxo mentres se deixa baleira a do Hospital Gil Casares nunha "estratexia para diminuír ocupacións hospitalarias e cuestionar a necesidade de recursos". "O resultado é a eliminación de facto de recursos sanitarios públicos", din