A Xunta recúa e manterá as enfermidades detectables no cribado neonatal
A pesar de que o subdirector xeral de Saúde Pública, Jorge Suances, adiantara que o programa pasaría a detectar unicamente "12 ou 14" doenzas, finalmente o SERGAS manterá probas para 29 enfermidades. Profesionais, sindicatos e pacientes realizaron unha forte presión para evitar o recorte.