O Sergas contradí os doentes de cancro e nega que vete medicamentos para aforrar
Sanidade rebate nunha resposta ao PSdeG os argumentos da asociación de pacientes oncolóxicos do CHUS, que denuncia dende hai tempo a aplicación de criterios económicos para negar a dispensación dalgún fármacos. "A prestación está garantida", afirma a Consellería.