"Xa hai máis concellos pensando en saír de Sogama"
Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, vén de anunciar a saída do seu Concello da planta de Cerceda para integrarse no modelo de compostaxe de Serra do Barbanza. Recoñece que a decisión xa estaba meditada, pero que a suba do canon foi "o empurrón definitivo".