
Un millón de persoas foxen da Ucraína como refuxiadas en apenas unha semana de invasión rusa
"Levo case 40 anos traballando en emerxencias de refuxiados, rara vez vin un éxodo tan rápido", mantén o alto comisionado da ONU para as persoas refuxiadas. En apenas cinco días de ataques, unhas 300.000 persoas xa cruzaran a Polonia. En Galicia, a Xunta amosouse favorable a acoller refuxiados e, no eido local, a Fegamp e o Eixo Atlántico están a coordinar a asistencia dos concellos