Outro fracaso nas negociacións de PSOE e Unidas Podemos achega aínda máis as novas eleccións xerais
PSOE e UP volvéronse xuntar nun clima de desconfianza e cos inquéritos a sinalar que, no caso de haber eleccións o 10N, o PP sería o maior beneficiado relativo e os socialistas seguirían a precisar apoios para gobernar. Echenique lamenta que o PSOE "non se mova" do plan de "goberno de partido único" e Lastra censura que UP se "negue a alcanzar un acordo programático progresista"
A quinta reunión de Sánchez e Iglesias constata a ruptura de PSOE e Unidas Podemos e achega a posibilidade de novas eleccións
Os socialistas critican a falta de resposta á súa proposta programática e os seus interlocutores din que o presidente quere ir directamente a novos comicios o 10 de novembro se fracasa a investidura
Ana Pastor urxe agora aos grupos do Congreso a constituír a comisión de investigación de Angrois
Os partidos non se poñen de acordo en quen presidirá a comisión, á que lle falta un membro, pero En Marea salienta que outras comezaron sen que todos os grupos designasen os seus representantes
A comisión de investigación de Angrois leva catro meses bloqueada no Congreso
A creación aprobouse a finais de setembro logo do cambio de criterio do PSOE, pero aínda non se constituíu. Fontes parlamentarias atribúen o atraso á falta de acordo para elixir quen preside a comisión de investigación do sinistro do Alvia.
PSOE e En Marea pactan a comisión de investigación de Angrois
O Congreso debate e vota este xoves iniciar a análise das responsabilidades políticas do sinistro. Os dous grupos fusionaron nun “acordo de mínimos” as dúas iniciativas que presentaran por separado
En Marea únese á oferta de Podemos para unha asemblea por un referendo pactado
"Hai que darlle unha saída pactada a cada un dos pobos para que decidan o que queiran", di Yolanda Díaz no acto no que a formación morada e as súas confluencias convoca a parlamentarios e alcaldes de todos os partidos para que Catalunya "decida o futuro nunha consulta acordada co Estado"
O PP de Lugo, a xuízo por carrexar anciáns con demencia nas eleccións de 2012
A xuíza dita a apertura de xuízo oral aos membros do PP lucense que trasladaron a varios residentes dun centro de maiores ata un colexio electoral malia "careceren de capacidade para decidir o sentido do seu voto". A Fiscalía reclamou o arquivo do caso.
Podemos-Galicia abre este venres as primarias, que inauguran un novo sistema de votación
A formación morada pechou o censo en algo máis de 20.500 inscritos xa o pasado mércores para evitar altas masivas de última hora e aplica en Galicia unha nova forma de participación interna que elimina as polémicas 'listas plancha'.
Iglesias ofrece ao PSOE un goberno de coalición con el como vicepresidente
O líder de Podemos quere un diálogo público con Pedro Sánchez e Alberto Garzón para un "goberno de cambio" que inclúa o seu partido, os socialistas e IU. O líder do PSOE cre que os seus votantes "non entenderían que non nos entendésemos con Iglesias".
Yolanda Díaz: "A cidadanía galega quixo que tivésemos grupo propio. Sería un erro que o PSOE o impedise"
A líder de Esquerda Unida e deputada electa de En Marea no Congreso destaca que "non ten sentido investir a Pedro Sánchez se as políticas non van cambiar"
Anova, EU e Podemos perfilan un acordo que aposta por un "suxeito político galego soberano"
Asinarán un preacordo "político e non electoral" que aposta por unha estrutura galega no plano "político, xurídico, simbólico, comunicativo e organizativo". Noriega asegura que faltan pezas e que "o BNG ten que ter un lugar" e Anova insiste en que non se quere excluír o Bloque.
A aposta de Podemos por non concorrer ás municipais fortalece as mareas cidadás
A proposta de "apoiar e implicarse" nas iniciativas municipalistas que respecten os valores do partido vence con claridade nas votacións e dá pulo a varias das mareas xurdidas en Galicia, nas que xa participaban membros dos círculos da formación que lidera Pablo Iglesias.