O Goberno facilita o despido de empregados públicos
O BOE publica este martes o novo regulamento de despidos colectivos, que inclúe as condicións para que as administracións publicas poidan levar a cabo ERE entre os seus traballadores
Só uns poucos centos de autónomos puideron cobrar o paro
En España hai tres millóns de autónomos, dos que 650.000 cotizan para acceder ao desemprego. De xaneiro a xuño deste ano, 3.300 traballadores por conta propia presentaron a solicitude para cobrar o paro, pero só 500 conseguírono.
Haberá folga xeral o vindeiro 14 de novembro
CCOO e UGT convocarana este venres logo de consensuar a data, que coincide cos paros en Grecia e Portugal. A CIG xa anunciara que se uniría tras aprazar a prevista para setembro.
Juan Torres: "A débeda europea é imposible de pagar"
Juan Torres, economista crítico e un dos dous autores -xunto a Vicenç Navarro- de Los amos del mundo afirma que no mundo mandan os grandes grupos financeiros, os lobbys e, nos últimos tempos, "os acredores, que son os que impuxeron sobre os demais unha escravitude en forma de débeda".
"A débeda úsase como mecanismo de colonización"
É lexítima a débeda que contraeu España? Debe pagala? Que pasaría se España non o fixese? Hai alternativas? Son democráticas as regras polas que se rexen os chamados mercados? No medio dunha crise que arrasa a zona do euro e que ten a España entre o eixo e a roda do rescate e os recortes, xorden as voces que reivindican a ilexitimidade da débeda e que pon sobre a mesa alternativas.
Alegría e dúbidas ante o imposto ás transaccións financeiras
Once países europeos -entre eles España, Alemaña, Italia e Francia- acordaron aplicar este imposto, que consiste en gravar nun 0,1% as operacións de compra e venda de accións e bonos, e cun 0,01% as operacións con derivados. Segundo Bruxelas, a zona euro podería recadar entre 50.000 e 60.000 millóns de euros anuais. Attac e outras organizacións amosan a súa satisfacción pero esixen que os cartos se destinen a políticas sociais.