O paro descende en mil persoas en febreiro en Galicia
O desemprego baixa en febreiro en España por vez primeira dende o inicio da crise. Hai 1.949 persoas desempregadas menos e 38.964 afiliadas máis á Seguridade Social. En Galicia hai 1.006 persoas menos en paro.
Guía para (tentar) non perder a tarxeta sanitaria se marchas ao estranxeiro
As persoas que saian do Estado máis de 90 días perderán o cartón sanitario, que poderán recuperar ao volveren se cumpren varios requisitos. Quen non teña un contrato legal no novo país terá que custear os tratamentos que poida precisar.
Outro golpe aos dereitos dos traballadores agochado coa polémica do aborto
O Goberno espreme a reforma laboral. Flexibiliza o contrato parcial para que o empresario controle o horario do traballador, reforza o control das empresas sobre as baixas médicas e permite que as ETT formalicen contratos de prácticas.
Economía feminista para saír da crise
Académicas e activistas propoñen nun congreso indicadores alternativos para medir a economía, que non só teñan en conta o mercantil e que sexan útiles para falar de desigualdade e benestar
As axencias privadas levarán ata 3.000 euros públicos por colocar unha persoa tres meses
O Ministerio de Emprego premiará con cartos ás empresas que denuncien irregularidades dos desempregados e desempregadas. As condicións da licitación deixan, na práctica, fóra á maioría de ONG e asociacións que funcionan como axencias de colocación
Cinco incógnitas sobre o plan de emprego xuvenil da UE
O Estado recibirá 1.900 millóns de euros para loitar contra o paro xuvenil, o que supón comprometer pouco máis de dous mil euros por persoa desempregada menor de 25 anos. O Goberno parece disposto a gastalo en bonificacións mentres recorta políticas activas de emprego.
As estatísticas silencian os casos de violencia machista contra prostitutas
Polo menos vinte mulleres que exercían a prostitución foron asasinadas nos tres últimos anos no Estado. Só un dos casos está incluído nas estatísticas oficiais. A maioría das vítimas eran novas e estranxeiras.
Igual traballo, peor retribución: as mulleres cobran un 16,2% menos que os homes
UGT publica un informe que sinala que os complementos salariais, os pagos por nocturnidade ou fin de semana, e o pago de horas extraordinarias son elementos "decisivos" nas diferenzas salariais.
Un ano de reforma laboral: máis paro, máis precariedade
No último ano o desemprego medrou en 691.700 persoas en todo o Estado, destruíronse 850.500 postos de traballo e o número de persoas ocupadas está en mínimos
O Estado devolve as empregadas do fogar á indefensión
A responsabilidade dos trámites para a alta na Seguridade Social poderán recaer de novo nas traballadoras que coticen menos de sesenta horas semanais. O Goberno central reduce tamén os treitos de cotización, o que as obrigará a pagaren máis.
Os técnicos de Facenda alertan contra a amnistía fiscal do Goberno de Rajoy
Carlos Cruzado é o presidente dos Técnicos de Facenda (Gestha), moi críticos coa amnistía fiscal do Goberno, cuxo prazo remata este venres con poucas perspectivas de acadar o obxectivo de recadar 2.500 millóns
E se un día ninguén fixese a comida?
A pesar de que o traballo de coidados que se leva a cabo dentro dos fogares e que segue recaendo con forza nas mulleres non se remunera nin contabiliza no PIB, é iso, un traballo. Por iso, varios colectivos preparan unha folga de coidados para o 14 de novembro, día do paro xeral.