Feijóo pide “desculpas” á muller que perdeu o útero nun aborto terapéutico por culpa do Sergas
O presidente di aspirar a que todas as interrupcións do embarazo se poidan realizar “con carácter xeral” en Galicia e evitar desprazamentos a Madrid como o que tivo que realizar a afectada pola súa conta
Sete alcaldías lanzan a Área Metropolitana da Coruña coa ausencia do PP e reticencias de Feijóo
O presidente da Xunta insinúa que a proposta parte de Xulio Ferreiro para “tapar outros problemas que poidan existir na cidade” e pide consenso en todas as corporacións
O fiscal pide cárcere para o funcionario que ía “repartir Galicia” na trama Retablo, ao que a Xunta exculpa
Todas as acusacións piden o comiso da casa reitoral de Paraños, orixe da investigación cando os veciños descubriron que a Igrexa lla vendera por 60.000 euros a un dos implicados que logo pretendeu revendela por 680.000 euros
Vítimas de Angrois piden máis imputacións tras ratificarse que Adif non analizou o risco da curva
O fiscal estuda agora a posibilidade de chamar a declarar a empresas que participaron no deseño do AVE Santiago-Ourense, que foi validado por Adif.
O bus do século pasado: este é o cento de concesións que a Xunta quere reordenar
DOSSIER | O autobús de liña en Galicia (1/2): Liñas con ingresos de 2,4 millóns de euros ao ano combínanse con outras de só 1.200 euros.
Adif deitou a responsabilidade no maquinista de Angrois sen avaliar o risco da curva, ratifican dous peritos
Os expertos designados pola aseguradora de Renfe e por outro perito xudicial coinciden en que a xestora do AVE Ourense-Santiago non tivo en conta a posibilidade dun erro humano, que eles estiman máis que previsible.
A Xunta, do Camiño de Madrid á alianza polos "intereses comúns" co goberno de Cifuentes
Os presidentes de Galicia, Madrid e Castela e León, Feijóo, Cifuentes e Herrera, principais baróns do PP, reuniranse en xaneiro. O AVE case rematado, a peregrinación que xa promoveron en 2010 ou unha demografía dispar son os elementos que din compartir as tres comunidades.
Lugo ofrece un 'plan B' para o AVE a Ourense cun investimento de 650 millóns
Deputación e Concello asumen a proposta do Eixo Atlántico de mellorar a liña actual con dúas novas variantes en Rubián e Os Peares que permitan conectar con Ourense nunha hora, 40 minutos menos que agora.
Cando Cuiña foi máis transparente que Caride e Hernández: O Grove fronte a Barreiros e Ourense
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anular a intervención do urbanismo de Ourense decretada pola Xunta en 2011 por non expola ao público, como fixo o Supremo coa decisión similar do bipartito en 2007 sobre Barreiros. Malia as diferenzas entre os casos, tanto o TSXG como o Supremo poñen a intervención de 2002 do urbanismo do Grove como exemplo de correcta tramitación.
“O estado-nación non responde á realidade da zona kurda, o máis aceptado sería un estatuto confederal”
ENTREVISTA | Eyyup Doru é o representante en Europa do pro-kurdo Partido Democrático dos Pobos (HDP en turco), o terceiro en importancia no Parlamento de Turquía. Está en Galicia para varias charlas da man da Fundación Galiza Sempre, vinculada ao BNG, e do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi).
A Xunta potencia a visibilidade política dos xefes territoriais tras presentalos como postos técnicos
O goberno galego inclúe agora as súas actividades na súa propia axenda pública e nun recente mitin no que estaban presentes varios o PP eloxiou o seu traballo político
Todos os trens Vigo-Porto contan desde este luns co sistema que puido evitar o accidente do Porriño
Os convois que antes tiñan ASFA analóxico, como o sinistrado, xa equipan o dixital, que frea o tren aínda que o maquinista non o faga, segundo unha decisión de Comboios de Portugal adiantada polo diario luso Público.