"O prezo é cada vez máis a clave do consumo, por iso o gran vencedor da crise foi Mercadona"
ENTREVISTA Unha charla de Isidro Jiménez (Consume hasta Morir / Ecologistas en Acción) abre este mércores as Xornadas sobre Comercio Local e Consumo Responsable da Coruña. Ás 20 horas no Mercado de San Agustín
As mulleres nas cooperativas agrarias: 49% de socias, 12% de directivas, 3% de presidentas
Coincidindo co 8 de marzo, AGACA publica un informe que pon de relevo a falta de representatividade das mulleres asociadas a cooperativas agroalimentarias. O traballo doméstico e a autopercepción dunha falta de preparación, os motivos.
Pallasos en Rebeldía pedirá dende Grecia "liberdade de movemento" para os refuxiados
ENTREVISTA Varios integrantes do colectivo, entre eles os galegos Iván Prado e Peter Punk, viaxarán esta semana á fronteira entre o país heleno e Macedonia para realizar funcións de circo e clown e denunciar "as políticas migratorias discriminatorias e inhumanas da UE"
Como visibilizar as mulleres creadoras? Cans vaino facer a través deste decálogo
O festival, que celebrará a súa décimo terceira edición do 18 ao 21 de maio, comprométese a facer chegar este conxunto de medidas a outros certames de cine, música e artes escénicas, así como a asociacións e institucións, para que as impulsen tamén
O alcalde de Monforte prefire "antes a autovía que ser Patrimonio da Humanidade"
Argumenta que "a Ribeira Sacra sobreviviu todos estes anos sen ningunha declaración" e critica a AGE e BNG por pedir a "paralización" do proxecto de construción da A-76.
1992/Crematorio/B. A corrupción ante os nosos ollos
O blog Praza-TV analiza tres producións (1992, Crematorio e B) que nos últimos anos trataron, en España e Italia, o fenómeno da corrupción e a crise política, con aínda escasa representación na nosa ficción
O PP pon a Baltar como exemplo a unha semana da súa declaración ante o xuíz
O presidente provincial da formación foi reelixido este sábado co 95,66% dos votos. Está investigado por subrono e tráfico de influencias, acusado de ofrecer un emprego a cambio de favores sexuais
Monedero: "Non hai solución á tensión entre partidos e movementos: amplifiquémola"
O politólogo e fundador de Podemos defende en Ferrol que o partido morado "non pode ser a muleta do PSOE" e aposta polo traballo de base e dos círculos para construír unha alternativa e un cambio real.
PSdeG, AGE e BNG comprométense a paralizar e reverter a LOMCE tralas eleccións
A Plataforma en Defensa do Ensino Público mantivo unha xuntanza no Parlamento con todos os grupos da oposición, que destacaron a necesidade de derrogar a lei, así como de traballar pola gratuidade dos libros de texto e a eliminación dos concertos para os colexios que segregan por sexo
O TSXG anula parte da ordenanza do uso do idioma en Lugo
O tribunal atende o recurso presentado por Galicia Bilingüe. Os apartados suprimidos sinalaban, por exemplo, que "o galego, como lingua propia de Galicia, é idioma oficial do Concello". O Goberno local recorrerá a sentenza, aprobada por unanimidade en 2012.
Unha ducia de datos que amosan a desigualdade laboral entre galegos e galegas
CIG e UGT amosan en senllos informes que a crise empeorou aínda máis as condicións das traballadoras, que manteñen peores contratos, menores salarios e pensións máis baixas, que se unen a unha situación de "desequilibrio" na atención ás responsabilidades familiares.
As cidades galegas, líderes estatais en porcentaxe de vivendas baleiras
Ourense, Lugo e Ferrol, segunda, terceira e cuarta urbe de España en porcentaxe de inmobles desocupados. Pontevedra (11ª) e Compostela (14ª) aparecen tamén na parte alta da lista de 109 localidades que forman parte do estudo europeo Urban Audit