O Supremo anula tamén o proxecto de execución de Reganosa
A sentenza únese á que hai un mes botou abaixo a autorización previa. Para manter a actividade da planta de gas o Goberno en funcións debe conceder novos permisos nas vindeiras semanas.
"No urbanismo pasa o mesmo que noutros ámbitos: falta amor polo propio"
Falamos co arquitecto Carlos Fernández Coto (Canibalismo urbanístico, tamén chamado Feísmo) sobre a eficacia da nova Lei do Solo na loita contra o maltrato da paisaxe.
En 184 concellos a idade media supera xa os 50 anos
Tan só en 20 vilas galegas -encabezadas por Ames e Salceda de Caselas- a idade media da poboación baixa dos 43 anos. Pola contra, hai oito localidades nas que os e as maiores de 65 anos xa son maioría. Mapas no interior
"Chernóbil non está moi presente na sociedade ucraína, tan só entre a xente maior"
Este martes conmemórase o 30 aniversario do accidente, que provocou a evacuación de máis de cen mil persoas e milleiros de mortes por cancro. O fotoxornalista César Toimil, que visitou oito veces a zona máis afectada, denuncia o esquecemento dos liquidadores, que desmantelaron a central.
Divulgación científica en Galicia: luces e sombras
Este mércores presentouse no Consello da Cultura o informe A divulgación da ciencia en Galicia, coordinado por Xurxo Mariño, que analiza a difusión que se realiza tanto en medios de comunicación, como en museos e outro tipo de institucións.
O Congreso insta a Defensa a negociar o traspaso dos terreos do Campo da Estrada, na Coruña
A poxa foi suspendida, aínda que xa ía ser declarada deserta. O Ministerio négase a devolverlle gratuitamente ao Concello estas parcelas para o seu uso público, pero agora deberá estudar a súa venda á cidade da Coruña
Regresa o conflito de Porto Cabral?
A reelección de Luís Rodríguez como presidente da Xunta Reitora da comunidade de montes dálle azos ao proxecto de macrocentro comercial, rexeitado en 2013 polos comuneiros e bloqueado pola anulación do PXOM de Vigo. Os seus impulsores piden a declaración de supramunicipalidade
Piden a supresión definitiva das taxas xudiciais (que non desapareceron de todo)
O Congreso debaterá unha moción que pide que pemes e ONGs queden exentas. Jueces para la Democracia demanda a completa eliminación desta obriga e alerta de que as persoas física (eximidas en 2013) acaban tendo que aboalas se son condenadas ao pagamento das custas xudiciais
"Con esta folga de fame queremos que a xente se posicione contra a ignominia"
O representante de En Marea por Lugo iniciou este martes unha protesta contra o acordo UE-Turquía e para alertar sobre a situación dos refuxiados e refuxiadas. Únese a outros tres deputados de Podemos e Equo no Congreso.
"As persoas LGTBI do rural somos vistas como exóticas. Ou se nos ignora ou se nos ridiculiza"
Nova Escola Galega organiza en maio as I Xornadas sobre coeducación rural e diversidades, que se achegará ao ecofeminismo e á loita contra a violencia de xénero e o bullying contra as persoas LGTBI. Falamos co seu coordinador, Ángel Amaro
Recuperando a memoria histórica na Barcala, un proceso dende a sociedade civil
A Asociación Cultural Afonso Eanes botou a andar hai seis meses un proxecto de reparación e homenaxe aos veciños e veciñas represaliadas pola ditadura en Negreira e A Baña, que deu lugar á aprobación dunha declaración institucional que, de momento, non incorporou medidas concretas.
Un grupo de militantes abandona Compromiso para apoiar a Marea
Entre eles están Xosé Manuel Pérez Bouza, Jéssica Fernández Polo, Xulia Guntín, Henrique Monteagudo, Xosé Antón López ou Iván Marrube, que critican "o xiro dereitista e cara ao nacionalismo esencialista" producido na convención deste domingo