As mortes dun percebeiro e dun traballador da construción poñen o foco na elevada sinistralidade laboral
A taxa de mortalidade no traballo en Galicia (7.41 falecementos por cada 100.000 empregados/as) duplica a media española (3.55). En 2015 perderon a vida 57 persoas.
Non é país para ter fillos e fillas
As deducións na declaración da renda ofrecidas por Galicia sitúanse por riba da media do conxunto de autonomías. O escaso apoio existente en España contrasta coa situación de boa parte de Europa.
Aspirantes a cátedra na USC: "O importante é que teñamos expectativas"
150 profesores/as acreditados/as denuncian que hai seis anos que a institución non crean estas prazas. O plan económico acordado por universidade e Xunta establece grandes limitacións no gasto en persoal, que prexudican a todos os colectivos. Pídese unha renegociación das condicións impostas
Renda 2016: Baixada de tipos, poucas axudas por nacemento e menos deducións por alugueiro
Contámosche aquí as novidades da campaña para presentar a declaración do IRPF, que comeza hoxe e chegará ata o 30 de xuño.
Cabral escolle entre dúas formas de xestionar a súa Comunidade de Montes
A Comunidade de Montes de Cabral elixe o vindeiro 17 de abril unha nova Xunta Reitora. A candidatura Un monte de tod@s, encabezada por Fernando Molares, critica a xestión realizada ata agora, denuncia o desbalde de cartos e promete unha auditoría económica
Povisa abre expediente disciplinario ao Comité de Empresa por criticar o hospital
Podería mesmo chegar a despedir os seus e as súas integrantes, tralas denuncias sobre a perda de calidade asistencial no centro privado e a sobrecarga de traballo que sofre o persoal. A empresa acúsaos de "deslealdade" e dunha falta de "extrema gravidade"
Novo pau xudicial a Reganosa: O Supremo anula a súa autorización
A empresa deberá realizar de novo este trámite administrativo, tras unha sentenza que decreta que a instalación non se axustaba ao ordenamento urbanístico vixente no momento. O Comité Cidadán celebra un ditame "moi importante" e apunta a novas vitorias nos tribunais nos vindeiros meses.
En Ordes non hai coalas, pero si eucaliptos
O pasado 1 de abril varios medios caeron no engano lanzado por Illa Bufarda, publicando unha falsa nova sobre a presenza deste animal en Galicia. A acción comunicativa buscaba denunciar a crecente eucaliptización do monte galego e a política forestal da Xunta.
As nais solteiras sofren as maiores dificultades para chegar a final de mes en Galicia
Dúas de cada tres familias monoparentais (o 68%) recoñecen atrancos económicos, segundo datos do IGE. A maior parte destes fogares con fillos e fillas ao cargo depende en exclusiva dunha muller. Mellora lixeiramente a percepción da situación económica persoal, pero empeora a confianza no futuro
A 'maxia' de que os concellos se unan para ofrecer programación cultural
Este venres comeza Terra Máxica, un programa que ofrecerá espectáculos en Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Verín e Viana do Bolo, organizado por estas localidades para "suplir eivas na política cultural que administracións superiores non dan ou queren abranguer".
"Á hora de facer un plan de urbanismo deberían consultar cos vellos do lugar"
Unha parte importante das inundacións coma a que este mércores sufriu Sada teñen a súa orixe en procesos de urbanización mal planificados que levaron a cosntruír en espazos polos que anteriormente circulaba a auga. Falamos co arquitecto Carlos Fernández Coto
Ateneo Ferrolán, 40 anos como "lugar aberto" para a cultura
A sociedade, con 135 anos de historia, foi refundada en 1976 trala fin da ditadura. Falamos con Eliseo Fernández, que vén de abandonar a presidencia dunha entidade que mira o futuro con máis optimismo e, agora si, co apoio do Concello.