Os apicultores reclaman medidas contra o impacto da avespa asiática, que a Xunta minimiza
Xesús Asorey (AGA) pídelle ao Goberno galego "diálogo" cos afectados e un plan de actuación a curto e longo e prazo contra esta especie invasora, que o verán que vén podería incrementar a súa incidencia.
"A BD galega segue en alza, e o que se albisca no horizonte é aínda máis prometedor"
Falamos con Henrique Torreiro, que hai uns días recibiu o Premio Ourense de BD, que en boa medida recoñeceu a todas as persoas que hai máis de vinte anos botaron a andar as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense
"A elección de Aécio Neves suporía a hexemonía do capital financeiro no Brasil"
Falamos con Zé Roberto da Silva, membro da Direção Nacional do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra, que participará esta semana en Mondoñedo no X Encontro Europeo de Comités de Apoio ao MST.
"É unha desgraza que unha persoa que quere cantar marche a unha orquestra"
Davide Salvado é un dos tres artistas galegos (xunto con Uxía e Germán Díaz) seleccionados para actuar no Womex, que comeza este mércores en Compostela. Estará na Praza da Quintana o sábado pola noite.
15/15\15, unha revista para unha revolución
Vén de lanzarse un número 0 e unha campaña de financiamento colectivo para esta publicación (online e impresa) centrada nas iniciativas de decrecemento e preocupadas polo esgotamento dos recursos materiais e enerxéticos
O patrimonio inmaterial galego-portugués persegue de novo o seu recoñecemento polo UNESCO
Unha nova campaña, até novembro de 2015, buscará recoller apoios para que a riqueza cultural inmaterial común de ambas as dúas beiras do Miño obteña este recoñecemento internacional. Santiago Veloso (Ponte nas Ondas) chama á participación de escolas, cidadanía e institución.
Podemos define esta fin de semana o seu instrumento político
O encontro presencial en Madrid servirá para avanzar no debate dos máis de 250 borradores presentados, que se votarán a partir do luns a través dunha plataforma online. Sobre a mesa unha multitude de debates programáticos, estratéxicos e organizativos.
Galicia recibe o Movimento Sem Terra para debater a situación do mundo rural
Mondoñedo acollerá, do 24 ao 26 de outubro, o X Encontro Europeo de Comités de Apoio ao MST. Previamente, este venres en Pontevedra e a semana que vén en Ribadeo, Rosa do Carmo (coordenadora da Secretaria Estadual do MST en Salvador) ofrecerá dúas charlas.
O CNI veta cinco traballadores de Navantia Ferrol por "deslealdade"
O Centro Nacional de Intelixencia rexeita a súa "habilitación", imprescindible para traballar na parte militar do estaleiro, baseándose nun artigo na norma da Autoridade Nacional de Seguridade Delegada. Falamos con Xaquín García Sinde, un dos afectados.
A participación de Podemos nas municipais decidirase tras a asemblea da formación
Esta fin de semana celébrase o encontro presencial da Asemblea Cidadá, que finalizará en novembro, unha vez que os máis de 130 mil afiliados e afiliadas voten as distintas propostas e candidaturas. Falamos cos círculos de Podemos nas cidades galegas
Hai alternativas saudables e sustentables nos comedores escolares
O peche de comedores, a adquisición dos produtos en centrais de compra e a contratación de empresas de catering están empeorando a alimentacións que se ofrece nos centros de ensino. Porén, nalgúns colexios séguese recorrendo á adquisión de produtos frescos, de calidade, locais e de tempada.
Mariñeiros que deixaron marca
Os mariñeiros da Guarda posuían un complexo sistema de marcas identificativas, perdido ao longo do século XX. Falamos con Suso Vázquez, presidente da Asociación de Deseñadores Galegos (DAG), que este sábado organiza unha visita para coñecer este sistema tradicional.