O segundo atropelo á triatleta Aída Valiño pon o foco na inseguridade dos cicloturistas
O número de ciclistas mortos nas estradas españolas creceu ata os 79 en 2014, segundo a Asociación Ciclistas Galegos, que esixen o cumprimento das normas de circulación por parte dos condutores
Eu, Escornabot
Un grupo de makers da asociación coruñesa Bricolabs botou a andar hai uns meses un proxecto de robot educativo aberto, que busca iniciar rapaces e rapazas no mundo da programación e a robótica. Falamos cun dos seus impulsores
O Sergas ascende un dos grandes promotores do modelo público-privado de xestión sanitaria
Ramón Ares, novo director de Asistencia Sanitaria, ocupa un posto na directiva de SEDISA, un lobby formado por xestores de centros sanitarios públicos e membros de empresas privadas do sector, que traballa para promover a xestión público-privada.
O índice de mortalidade laboral en Galicia duplica a media española
En 2014 morreron 57 persoas en accidente laboral, unha cantidade só superada por Andalucía (co triplo de habitantes) e por riba da rexistrada en territorios moito máis poboados, coma Cataluña, Madrid ou a Comunidade Valenciana.
Os datos da EPA para Pontevedra desmontan o argumentario de Feijoo sobre ENCE
O PP leva tres meses repetindo que é "a cidade con máis paro de Galicia", o que xustificaría o seu cambio de posición sobre a continuidade da pasteira no interior da ría. A nova enquisa (pouco fiable á hora de amosar datos por cidades) reduce o desemprego pontevedrés do 28,7% ao 24,7%.
Eva Dafonte, premio Ada Byron
O galardón, que entrega o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, recoñece o labor das mulleres no sector das TIC. Esta ourensá de 36 anos traballa no CERN, en Xenebra, nos proxectos do LHC (Gran Colisor de Hadróns)
Galicia, cada vez menos devota
Distintos indicadores, dende a asistencia á misa ata o número de vodas pola Igrexa, pasando pola escolla da materia de Relixión, amosan un rápido descenso da influencia do catolicismo na vida diaria, aínda que a gran maioría da poboación segue definíndose como crente.
X Solidario: Si ou non?
O pasado ano o 54% dos galegos e galegas que fixeron a declaración escolleron esta opción. As ONG defenden a importancia destas achegas para financiar proxectos de vital importancia dos que en moitos casos se desentende o Estado. O 25% dos fondos destínanse a entidades católicas.
Case noventa concellos contarán con candidaturas cidadás ou de confluencia
As listas veciñais, cidadás ou de confluencia son máis numerosas na Coruña e Pontevedra, nalgúns casos cunha maior presenza de partidos como Anova, Esquerda Unida ou Podemos, e noutros cunha influencia menor destas forzas.
A Galicia da oferta electoral reducida
O PSdeG-PSOE non foi quen de presentar candidatura en 14 concellos e o BNG en máis de 50, lugares nos que -en moitos casos- o PP só terá unha alternativa. Ambas as dúas forzas denuncian "presións" nalgunhas localidades e o Bloque presenta unha lista simbólica en Avión para subliñar estas dificultades.
"Os franquistas utilizaron Galicia como un laboratorio de control social"
ENTREVISTA Julio Prada, profesor da Universidade de Vigo, coordinou No sólo represión. La construcción del franquismo en Galicia, un libro colectivo que afonda nos distintos mecanismos empregados pola ditadura para impoñer o seu dominio.
Selectividade tipo test: Boa? Mala? Ningunha das anteriores?
A proposta do Ministerio de Educación de que a proba final do bacharelato se estruture en forma de test de 350 preguntas conta coa oposición de Andalucía, Asturias, Canarias, Cataluña e Euskadi. Os expertos sinalan as facilidades á hora de corrixir, pero alertan do prexuízos pedagóxicos.