A Xunta presume de axuda ao desenvolvemento malia recortala de 12 a 4 millóns dende 2009
O vicepresidente Alfonso Rueda asinou este luns un convenio de colaboración coa Coordinadora Galega de ONGDs. Porén, a política do Goberno galego neste eido ten sido moi criticada polas continuas reducións orzamentarias e incumprimentos.
Leo Bassi realizará un 'exorcismo' en Compostela para 'liberar' a cidade do PP
O cómico estará o xoves en Ourense, o venres nas Pontes e o sábado en Santiago coa súa Misa Patólica, un espectáculo de crítica social que comezou facendo en Lavapiés en 2012. Destaca que "a liberdade de expresión é a liberdade de dicir cousas que non gustan aos outros".
"Fálase moito de feísmo, pero non se lles deu voz ás persoas que habitan estes espazos"
Antía Ameixeiras, Alejandro Gándara e David Fontán, lanzan Feísmos?, un proxecto colaborativo sobre urbanismo, territorio, paisaxe e estética, que se interroga sobre este fenómeno, a súa extensión e a pertinencia da súa definición.
"A cultura do 'presencialismo' en España é unha barreira contra o teletraballo"
ENTREVISTA A Facultade de Dereito da USC acolle este venres e sábado un congreso que analizará a regulación do traballo a distancia en España e noutros países, as posibilidades que abre para a conciliación ou os riscos laborais específicos. Falamos coa directora do encontro, Lourdes Mella
Espazos culturais independentes de toda España reúnense na Coruña
O Proxecto Cárcere acolle de venres a domingo o IV Encontro da Red Transibérica, no que participan responsables de iniciativas de Barcelona, Bilbao e Burgos
Está o Goberno dificultando o voto dende o exterior?
A Marea Granate denuncia que os consulados están ofrecendo información errónea, obstaculizando as inscricións como residente temporal no estranxeiro.
A folga das subcontratas de Telefónica deixa 1.300 avarías sen atender en Galicia
O paro afecta a todos os servizos técnicos da compañía, pero tamén ao soporte de cobertura para Vodafone, R ou Jazztel. Os traballadores denuncian as súas precarias condicións laborais, moi distintas ás do persoal da empresa principal.
"En Galicia estamos ancorados a un modelo moi antigo. A nosa xeración ten moitas cousas que dicir"
Falamos sobre webseries e o futuro do audiovisual cos responsables de El Método Sueco, gañadora esta fin de semana do Premio Mestre Mateo á mellor webserie, e Poetarras, que foi elixida mellor traballo en lingua galega na primeira edición do Carballo Interplay
Colectivos cristiáns piden desaloxar a Rouco Varela do seu piso de luxo
Grupos de base e medios de comunicación católicos denuncian o gasto de medio millón de euros para acondicionar a nova vivenda do cardea, un ático de 370 metros cadrados. Piden "un escrache" e que o prelado abandone a residencia.
"Temos que analizar o que está pasando, como está cambiando a forma de consumir audiovisual"
Este xoves comeza a segunda edición do Festival Carballo Interplay, dedicado ás webseries e aos novos contidos dixitais. Ata o sábado proxectaranse máis de corenta traballos, e tamén haberá masterclass e debates sobre a situación do sector. Falamos coa súa directora, Sonia Méndez.
Galeano enviou o seu lume ata o final
O escritor uruguaio morreu este luns aos 74 anos de idade. Visitou moitas veces Galicia, a última en 2012 para presentar Los Hijos de los Días. Obras como Las venas abiertas de América Latina ou Memoria del fuego marcaron varias xeracións de lectores en todo o mundo.
Os 180 galegos nos campos nazis de exterminio
Cando se achega o 70 aniversario da liberación de Mauthausen, CuartoPoder.es publicou a relación completa dos ao redor de 10.000 españois enviados a campos de concentración alemáns, entre eles uns 180 galegos, dos que 122 morreron alí.