Máis alcaldesas, pero aínda moi poucas: só 38 en toda Galicia
Na pasada lexislatura comezaron 24, pero 31 acabaron ocupando o posto. O incremento eleva a porcentaxe de rexedoras ao 12,1%, pero aínda moi por debaixo da media española.
Jorge Suárez pide un "verán invencible" para o "inverno eterno" de Ferrol
O cabeza de lista de Ferrol en Común converteuse en alcalde co apoio do PSdeG-PSOE e o BNG. "Recibo este bastón de mando para entregarllo de novo á cidadanía", destaca, e pide "unidade" para o "rexurdir" da cidade.
Novas investiduras para novos tempos municipais en Galicia
Os candidatos das plataformas cidadás serán investidos alcaldes este sábado nuns actos con fórmulas novidosas que se abrirán á cidadanía e nos que os movementos sociais terán un importante papel. Así serán os da Marea Atlántica, Compostela Aberta e Ferrol en Común.
Cemento sobre nove séculos de historia no Castelo de Monterrei
A Plataforma pola Defensa do Castelo cualifica de "desfeita" o resultado das obras que converterán a fortaleza medieval nun hotel de luxo, que cubriron de cemento o seu patio e entrada. Investigadores falan de "lápida a maior gloria da Xunta"
A loita contra a pobreza dende os concellos: orzamento, coordinación e medidas de fondo
As novas corporacións que se constitúan este sábado terán entre os seus principais retos a loita contra a desigualdade e a exclusión social, que afecta ao 23,8% dos galegos e galegas. Falamos con Xosé Cuns (EAPN-Galicia) sobre o que se pode facer dende os concellos
"Vivimos unha época moi especial, na que Internet ía chegando aos poucos"
O documental GPUL: historia de un LUG cualquiera conta en varios capítulos a historia do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) afincados na Facultade de Informática da Coruña, que iniciou a súa actividade en 1998.
"Moita xente de fóra ve máis clara a vantaxe económica do puntogal que os que vivimos aquí"
ENTREVISTA Edita de Lorenzo, directora xeral do Puntogal, valora o primeiro ao de actividade do dominio galego, seis meses en fase aberta. O número de rexistros supera os 2.300. En xullo podería realizarse unha nova acción promocional, semellante á que tivo lugar en maio
"As dificultades para a música en galego son as mesmas que había hai dez anos"
The Homens volven por un día. Este venres 12 actúan na Sala Capitol de Compostela, teloneados por The Lost Omelette Makers, na súa primeira actuación en Galicia dende 2011. Falamos con Martin Wu, cantante da banda.
TTIP: Nin se vota, nin se debate
O Parlamento europeo, que xa onte pola tarde adiou a votación do informe sobre o tratado, suspende tamén o seu debate, previsto para este mércores. Os eurodeputados socialdemócratas votan moi divididos, optando os representantes do PSOE pola abstención.
"A participación é o factor central de innovación política neste momento"
A participación é un dos conceptos máis enunciados por moitas das candidaturas que concorreron ás eleccións do 24M, que propoñen distintos mecanismos para facilitar procesos deliberativos cun papel destacado para a cidadanía. Falamos con Xaime Subiela, consultor público e analista
O Parlamento europeo suspende por falta de consenso a votación sobre o TTIP
Podemos, IU, AGE, Compromís-Equo e Bildu afirman que o aprazamento responde ao "medo" dos grandes partidos a un resultado negativo. As esquerdas do Estado visibilizan o seu rexeitamento a un tratado que pode limitar a capacidade dos poderes democráticos para xestionar a economía. Falamos con Lidia Senra e Ana Miranda.
Ferrol en Común: "Para facer un cambio real, necesitamos de todos e todas vós"
Ferrol en Común celebrou este mércores a súa primeira asemblea abertas tralas eleccións que situaron a formación á fronte do goberno municipal. Noutras cidades e vilas as mareas e outras candidaturas realizan estes días encontros semellantes para coñecer as prioridades e propostas da cidadanía