"Á hora de facer un plan de urbanismo deberían consultar cos vellos do lugar"
Unha parte importante das inundacións coma a que este mércores sufriu Sada teñen a súa orixe en procesos de urbanización mal planificados que levaron a cosntruír en espazos polos que anteriormente circulaba a auga. Falamos co arquitecto Carlos Fernández Coto
Ateneo Ferrolán, 40 anos como "lugar aberto" para a cultura
A sociedade, con 135 anos de historia, foi refundada en 1976 trala fin da ditadura. Falamos con Eliseo Fernández, que vén de abandonar a presidencia dunha entidade que mira o futuro con máis optimismo e, agora si, co apoio do Concello.
Tres de cada catro membros da carreira xudicial menores de 45 anos en Galicia son mulleres
O 57% das prazas da maxistratura corresponden xa a mulleres, cunha maioría moito máis ampla nas xeracións máis novas. Porén, en órganos coma o TSXG, os xulgados do contencioso-administrativo ou as audiencias provinciais segue a haber dominio masculino
"A falta de vivenda pon en risco outros dereitos fundamentais e a propia autoestima"
ENTREVISTA Falamos con Lara Medín (Arquitectura sen Fronteiras) e Rocío Cadahía (Agareso) sobre o proxecto de construción de casas levado a cabo pola ONGD galega en Guatemala, recollido no documental El derecho a un techito, que se presenta este xoves na Coruña
As entidades LGBTI reclaman algo máis que "respecto"
ALAS, Ultreia, ALEAS e a Nós Mesmas valoran negativamente a campaña contra a discriminación iniciada pola Xunta nos centros de ensino (Eu Respecto), así coma a aplicación da Lei pola Igualdade de Trato aprobada hai dous anos, que consideran moi limitada.
Vigo volverá saír á rúa pola sanidade pública o 12 de maio
A manifestación, convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria e SOS Sanidade Pública, reclama o rescate da concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro, á que o PP se opuxo a semana pasada no Parlamento.
Festa do Boi: mudar o sufrimento dos animais por máis programación musical
Galicia mellor sen touradas pide a "reorientación" deste festexo que todos os anos celebra Allariz, semellante ao que acollen outras vilas do Estado español, coas denominacións de toro enmaromado (Zamora) ou bou ensogat (Valencia)
"Hai que entender a transición cara ao postcapitalismo como unha oportunidade para vivir mellor"
ENTREVISTA Emilio Santiago Muíño (Ferrol, 1984) vén de publicar No es una estafa, es una crisis (de civilización) e Rutas sin mapa. Horizontes de transición ecosocial, nos que debulla os mecanismos para abandonar as sociedades baseadas no petróleo e no consumo.
O pleno da Coruña debaterá pedir a devolución dos terreos nos que Defensa quere construír
A Comisión Aberta en Defensa do Común entregoulles aos grupos políticos municipais unha proposta de moción, que será votada en abril. O 31 de marzo celebrarase unha asemblea aberta na Cidade Vella e o 7 de abril unha concentración pedirá a paralización da poxa das parcelas.
A Casa da Xuventude de Santiago xa é do Concello, que a abre aos colectivos cidadáns
A Xunta de Goberno aprobou o pasado venres a reversión do espazo, anteriormente propiedade da Xunta. Nunha primeira fase o inmoble será utilizado por entidades veciñais e sectoriais, baixo un modelo tutelado de autoxestión. En outono decidirase a apertura do acceso ao parque de Belvís
Críticas ao novo plano forestal: eucaliptización e xestión privada do monte comunal
Unha ducia de entidades, entre elas ADEGA, SLG e ORGACCM, presenta un documento de valoración da nova norma, impulsada pola Xunta e o sector da madeira. Denuncian que o Goberno galego "non contempla os outros usos do monte"
A xeración perdida da investigación galega
Os e as investigadoras do programa Ángeles Alvariño (2007-2009) non tiveron oportunidade, por mor dos recortes, para estabilizar a súa situación en Galicia. A Xunta vén de convocar os primeiros contratos postdoutorais dende 2010, impedíndolles concorrer