Recuperando a memoria histórica na Barcala, un proceso dende a sociedade civil
A Asociación Cultural Afonso Eanes botou a andar hai seis meses un proxecto de reparación e homenaxe aos veciños e veciñas represaliadas pola ditadura en Negreira e A Baña, que deu lugar á aprobación dunha declaración institucional que, de momento, non incorporou medidas concretas.
Un grupo de militantes abandona Compromiso para apoiar a Marea
Entre eles están Xosé Manuel Pérez Bouza, Jéssica Fernández Polo, Xulia Guntín, Henrique Monteagudo, Xosé Antón López ou Iván Marrube, que critican "o xiro dereitista e cara ao nacionalismo esencialista" producido na convención deste domingo
O valor da produción ecolóxica galega creceu un 50% dende o 2012
Os ingresos do sector, cun total de 800 operadores/as rexistrados/as, duplicáronse dende o ano 2009, a pesar da crise económica, e superan os 33 millóns de euros anuais. As cifras galegas, con todo, seguen lonxe das doutras autonomías, como Andalucía, Castela-A Mancha e Estremadura.
Cen anos de Delio Rodríguez, o home das 38 etapas na Vuelta
Nacido en Ponteareas o 19 de abril de 1916, mantén o récord de triunfos parciais na rolda española, cuxa clasificación xeral gañou en 1945.
A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, no aire
Dous anos e medio despois do inicio do proceso, a Xunta aínda non completou a declaración BIC da zona, a documentación que debe apoiar o proxecto non está completa, e a construción da A-76 podería facer fracasar o intento.
Semana de avances para a Lei de Memoria Histórica, con tarefas aínda pendentes en Galicia
A Coruña e Lugo deron nos últimos días importantes pasos adiante. Pero Ribeira, Vigo, Ferrol, Celanova, Coirós ou Beade, entre outras localidades, teñen aínda símbolos ou rúas que homenaxean os responsables da Guerra Civil e da ditadura.
A Pedra da Grade pon de manifesto a riqueza da arte rupestre aínda por estudar
O valioso petróglifo, con case catro mil anos de antigüidade, sitúase no límite entre Caldas, Portas e Moraña. Veciños da zona alertaron o Colectivo A Rula, que certificou a descuberta, "un dos máis importantes achados ao aire libre nos últimos anos" e esixe que a Xunta actúe para protexelo.
As mans 'non tan limpas' que perseguiron a Nunca Máis
A UDEF detivo o máximo dirixente da entidade, Miguel Bernad, acusado de extorsionar -xunto con Ausbanc- a persoas e organizacións para retirar denuncias presentadas conta elas. En 2003 demandou a plataforma social galega por estafa e apropiación indebida, unha querela arquivada en 2006
"Galicia precisa dun modelo territorial de aquí a 10, 20, 30 ou máis anos vista"
ENTREVISTA Falamos con Xoán Paredes, xeógrafo especializado no ordenamento territorial, crítico coa falta de planificación no proxecto de fusión Cerdedo-Cotobade e que reclama unha acción decidida da Xunta para impulsar unha planificación territorial estratéxica para as vindeiras décadas.
O futuro de Reganosa, en mans do Goberno en funcións
O Ministerio de Industria debe concederlle no prazo máximo de dous meses unha nova autorización á regasificadora ou paralizar a súa actividade. En Marea levará o tema ao Congreso nas vindeiras semanas, nas que se espera que o Supremo anule tamén o proxecto de construción da planta.
O Ministerio de Cultura só adquire licenzas de libros dixitais en castelán para as bibliotecas
Na convocatoria de 2015, adxudicada o pasado mes de novembro, dedicou 600 mil euros a estas compras, excluíndo o galego, o catalán e o euskera.
Hai demasiados concellos en Galicia? Pois depende
Boa parte do debate ao redor das fusións municipais centrouse na escasa poboación de moitas localidades. Porén, na nosa comunidade só 3 localidades contan con menos de 500 habitantes, fronte ás 1.756 de Castela-León, as 538 de Aragón ou as 551 de Castela-A Mancha.