As outras represións: O franquismo expedientou 14 mil persoas en Galicia ata 1945
ENTREVISTA Julio Prada, profesor da Facultade de Historia de Ourense, publica Marcharon con todo, unha análise da represión económica exercida polos golpistas, dende as multas gobernativas ás incautacións, pasando polas obrigatorias subscricións patrióticas, que sumaron 16 millóns de pesetas e 700 quilos de ouro
Votos de aquí para alá: os posibles transvases no 26X
Resulta imposible coñecer con certeza os movementos que deron lugar ao resultado final dos comicios, pero pódense aventurar algunhas hipóteses a partir da comparación das variacións de cada forza política nos distintos concellos do país. Gráficos no interior
"Foi unha inxenuidade confiar en que se poden compartir áreas entre dúas forzas"
ENTREVISTA Falamos con Jorge Suárez, alcalde de Ferrol do seu primeiro ano de mandato, doce meses marcados polas desavizas crecentes co PSdeG-PSOE e pola loita por reconducir a xestión da auga e o saneamento e outros contratos concedidos polo Goberno do PP.
Que pasou o 26X? Así foi a cousa concello a concello
O PP creceu de forma uniforme en toda Galicia, algo máis en Bergantiños e Deza e algo menos en Vigo e O Baixo Miño. O PSdeG-PSOE medra nas cidades, ao contrario que En Marea, que experimenta nas sete urbes e as súas areas metropolitanas os maiores descensos. Mapas no interior
Divorcio total entre Urco e a Federación de Librarías
A editora denuncia a cancelación de dúas actividades que ía realizar na Feira do Libro de Rianxo, motivadas polas críticas realizadas nas redes sociais contra a entidade que agrupa os libreiros. A federación sinala que "non censura a ninguén", pero que ten dereito a contratar a quen queira.
Os salarios galegos, por debaixo dos de 2010, sobre todo entre a mocidade
O soldo medio anual dos e das traballadoras entre 25 e 35 anos pasou de 17.549 a 16.312 euros, un descenso do 7%. A ganancia media si se incrementou no conxunto de España neste periodo. O
"Hai que loitar contra a idea de que a acción exterior é unha excentricidade ou un malgasto"
ENTREVISTA Este martes e mércores Pontevedra acolle o I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, organizado polo IGADI e a Universidade de Vigo, no que se debaterá sobre o nivel de internacionaliación na política, na cultura ou na economía galegas. Falamos con Xulio Ríos.
As claves: A desmobilización de En Marea e a activación do voto do PP en Ourense
A pesar de que abstención creceu en Galicia, en 44 concellos (sobre todo da zona rural) a participación foi maior. En cambio, houbo menos votos en comarcas urbanas e costeiras (Bergantiños, Costa da Morte, Baixo Miño, A Mariña, O Salnés...). Mapa e gráficos no interior
"Unha vitoria do Brexit poría en primeiro plano o discurso antiinmigración"
46,5 millóns de cidadáns e cidadás do Reino Unido deciden este xoves a permanencia ou a saída da UE, cunhas sondaxes que prevén un resultado moi axustado. Falamos con Duarte Romero-Varela, xornalista galego residente en Londres
Estes 22 refuxiados e refuxiadas non poden agardar máis
Un cento de organizacións sociais e institucións coma os concellos de Cangas e Lalín demándanlle ao Estado que acolla un grupo de persoas con necesidades médicas urxentes. Entre elas están Natasha e Hamdiya, casos que tratou directamente a galega María Vence, que nos explica a súa situación.
"Evitar que gobernen os desencantados": Outra advertencia empresarial para a colección
Villar Mir pediu onte un pacto PP-PSOE para evitar que gobernen aqueles "aos que as cousas no lles foron ben, que non cren en deus nin na economía de mercado", en referencia a Podemos. Repasamos algunhas outras advertencias realizadas polos grandes empresarios
O mundo do mar esíxelles aos partidos 8 compromisos para garantir o futuro do sector
Na xuntanza participaron confrarías, organizacións de produtores de mexillón, plataformas en defensa das rías, armadores (Asoar-Armega e Acerga) e sindicatos. En Marea, PSdeG-PSOE e BNG asumiron todas as demandas. PP e Ciudadanos dixeron que as estudarían