As eleccións do cambio
Marcos Pérez PenaUn 36% das mulleres séntense "inseguras" camiñando soas pola noite na zona na que viven
Segundo o Instituto Galego de Estatística, só o 16% dos homes teñen esta mesma sensación. Esta inseguridade está máis que xustificada á vista dos datos: En 2014 as violacións consumadas ascenderon a 47 en Galicia, cun total de 254 delitos contra a liberdade sexual, entre eles o acoso.
A sanidade pública, a institución na que máis confía a cidadanía
Os galegos e galegas outórganlle unha valoración de case seis puntos, segundo os datos feitos públicos hoxe polo IGE. O sistema político (1,8) e a banca (2,39) son as que xeran menos confianza. O 84% dos e das entrevistadas suspende o sistema político.
'Declaración de Vilaboa': Dez demandas contra "o esquecemento das vítimas da represión"
As asociacións galegas de memoria histórica reuníronse esta fin de semana na localidade pontevedresa en reivindicación "dunha política pública da memoria" de carácter estatal e por parte do goberno galego.
Rebelión contra a obsolescencia: Manual de uso
Amigos da Terra lanza Alargascencia, un directorio web de establecementos de reparación, aluguer, intercambio e compra venda de artigos de segunda man, co obxectivo de alongar a vida útil de todo tipo de produtos, dende roupa a electrodomésticos, pasando por mobles
Piden aproveitar a infraestrutura do Xeral de Vigo para usos sanitarios
A torre foi baleirada completamente tralo traslado dos servizos ao Álvaro Cunqueiro. Unha concentración demandará esta tarde que se "paralice o desmantelamento e destrución do actual edificio para evitar o deterioro social e económico do barrio" e se manteña o seu "uso sanitario"
O I+D toca fondo en Galicia, pero segue moi lonxe dos niveis anteriores aos recortes
En 2014 creceu o investimento por primeira vez dende o 2008, pero a cifra segue máis de 100 millóns por debaixo daquel ano. Tamén mellora algo o emprego, pero a recuperación dáse unicamente no sector privado.
"As rendas mínimas garantidas reverten directamente na economía local"
Este martes celébrase en Compostela a quinta edición do Foro sobre pobreza e exclusión social, organizado por EAPN Galicia, Coordinadora Galega de ONGD e CERMI Galicia. Falamos con Carlos Susías, presidente de EAPN España.
"Moitas mulleres maltratadas chegan con medo a que o xulgado non estea á altura do problema"
Falamos con Pablo Valeiras, voceiro de Alternativa na Xustiza - CUT, sindicato que a pasada semana denunciou a urxente necesidade de reforzar os recursos cos que traballa o tribunal de violencia de xénero de Vigo.
O Diario de Arousa vai á folga indefinida tras novos despedimentos
O paro comezará o xoves e está convocada unha concentración o venres pola tarde. No xornal xa só traballan seis redactores e redatoras e un só fotógrafo, que estes días está de vacacións
40 anos despois, tempo de repensarnos
Marcos Pérez Pena"Non hai interese real en acabar coa violencia de xénero"
Falamos con Rosa Fontaíña Pazos, coordinadora da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo, que reclama a urxencia de proporcionarlles máis recursos ás vítimas da violencia machista, unha formación específica para todo o persoal que trata con elas, e melloras nos procesos xudiciais.