A mala calidade das agullas para inxeccións de insulina, denunciada xudicialmente
SOS Sanidade Pública presentará este mércores a demanda, despois de ter recollido máis dun cento de casos de enfermos e enfermas de diabetes que tiveron problemas cos instrumentos facilitados polo SERGAS, que hai tres anos adxudicou o contrato a unha nova empresa, para abaratar custes.
Camilo: o último guerrilleiro de Galicia
Un grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual da UDC ultima un documental interactivo sobre Camilo de Dios. O filme estrearase en outubro a través dunha web que permitirá acceder a completa información e contidos complementarios ás gravacións
Feijoo e o medo ao descoñecido
Marcos Pérez Pena
'Fóra': a historia contada e por contar de Ence en Pontevedra
O documental escrito e dirixido por Rodrigo Cota busca a través dunha campaña de crowdfunding financiamento para completar a súa produción e distribución. Poderá verse nunhas semanas
Ferrol abre con Vari Caramés e as Meninas un espazo permanente de fotografía
Este venres inaugurouse no Centro Torrente Ballester a mostra do autor ferrolán, centrada nos traballos que todos os anos enchen as paredes do barrio de Canido, un evento que nesta fin de semana chegará á súa sétima edición, incrementando a súa programación
"Galicia ten condicións excelentes para converterse nun foco de innovación"
ENTREVISTA A finais de setembro Pontevedra acollerá o Tek Fest, un Encontro Internacional de Tecnoloxías Emerxentes que aspira a consolidarse como cita de referencia e na que a realidade vitual será protagonista. Falamos co seu coordinador, Toño Cabanelas
Orzamentos participativos: Que ideas tes para mellorar Compostela?
Ata o 14 de setembro está aberta a fase de presentación de propostas de investimento para as primeiras contas municipais participadas de Santiago. As suxestións poden facerse a través da web ou nas tres asembleas convocadas para a semana que vén. Os resultados anunciaranse en novembro.
Estamos mellor ou peor que hai 4 anos? Un feixe de datos para unha lexislatura
Dende o 2012 (un dos peores momentos da crise) melloraron algúns indicadores económicos, pero outros continúan estancados. Outras cifras amosan os efectos dos recortes ou a negativa evolución da demografía.
As estudantes expedientadas acusan a USC de "amparar" o "discurso de odio" de Luciano Méndez
As alumnas que denunciaron o "machismo" do profesor, poderían incorrer nunha falta leve e perder a súa matrícula. Méndez foi sancionado con dous meses de emprego e soldo, pero manterá as súas horas de docencia.
Así foron os resultados do 2012, concello a concello
Repasa nunha ollada como lles foi a PP, PSdeG-PSOE, AGE e BNG en cada localidade nas eleccións de hai catro anos. Mapas no interior
Os murais de Lugrís: reivindicando o acceso á beleza
Varias obras do artista atópanse en espazos privados (como restaurantes ou igrexas) en ocasións nun deficiente estado de conservación. A asociación O Mural reclama a súa protección como Bens de Interese Cultural, seguindo o ronsel do mural que foi extraído dun local da rúa Real da Coruña.
Remunicipalizacións: a loita paso a paso polos servizos públicos
A recuperación do contrato eléctrico por parte de Ferrol únese a outros procesos levados a cabo nos últimos meses na Coruña (bibliotecas), Compostela (ORA e guindastre), Lugo, Teo, Zas ou Arteixo