Campaña electoral, tempo de anuncios da Xunta contra a pobreza enerxética
O Goberno galego presentou este luns un plan para achegar un máximo de 200 euros ás familias con ingresos inferiores a 532 euros e así facer fronte ao pagamento dun recibo de luz. A súa anterior acción neste senso (o ticket enerxético) foi anunciada dous días antes dos comicios europeos.
A folga no xulgado de Violencia de Xénero esixe "máis medios" nunha situación "insostible"
O paro realizado en Vigo tivo un seguimento total e repetirase este mércores e venres e tamén a semana que vén. O persoal denuncia que o "colapso" actual provoca que moitas mulleres pensen que a Xustiza non as pode axudar.
Owen Jones, a En Marea: "Se o domingo gañades daredes exemplo en toda Europa"
O autor británico encheu o Paraninfo do Reitorado da Universidade Coruña, nun acto de En Marea no que analizou a situación política e as posibilidades de organización para os movementos sociais e os novos partidos de esquerda.
Os grupos ecoloxistas ven insuficiente o acordo climático por carecer de medidas vinculantes
Adega critica a falta de "medidas urxentes e compromisos concretos" e cualifícao de "oportunidade perdida". Amigos da Terra pide unha "aposta clara polas enerxías renovables" e "un cambio de sistema baseado nun consumo xusto, responsable e local".
Entre que opcións dubida o 24% de galegos e galegas que aínda non decidiron o seu voto?
Os datos do CIS para Galicia amosaban que un de cada catro votantes aínda non decidira a quen apoiar o 20D. PP/PSOE (13,6%), EnMarea/PSOE (11,1%), PP/Ciudadanos (9,6%) e EnMarea/Ciudadanos (8,4%) son as principais dúbidas entre os aínda indecisos.
Ferrolterra sae á rúa unha vez máis en defensa do sector naval
Milleiros de persoas reclamaron carga de traballo para os estaleiros, a construción do dique flotante ou investimentos en I+D+i e salientaron que a recuperación do naval é imprescindible para a solución da crise que vive a comarca dende hai décadas
Dez razóns para ir escoitar a Owen Jones á Coruña
O autor británico participará este luns ás 19.30 nun encontro organizado por EnMarea no Paraninfo da Universidade, no que tamén intervirán Antón Gómez-Reino, Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez
"As maiorías absolutas, sexan de quen sexan, son moi negativas para a democracia"
ENTREVISTA Falamos con Olaia Fernández Davila, deputada do BNG no Congreso nas tres últimas lexislaturas. Destaca a súa satisfacción co traballo realizado, tanto polos resultados acadados coma pola colaboración con distintos colectivos
O 31% das persoas con emprego cobra menos de 650 euros
A CIG presenta un informe -a partir dos datos da Axencia Tributaria- que revela a sangría laboral entre os menores de 35 anos, o fenómeno crecente dos traballadores pobres e a terciarización da economía. Dende 2009 perdéronse 124 mil postos de traballo en Galicia
En 2015 houbo cada día 5 execucións hipotecarias e case 7 lanzamentos en Galicia
Os datos melloran lixeiramente con respecto ao pasado ano, pero seguen sendo moi altos: 1387 execucións e 1822 lanzamentos de xaneiro a setembro. Si se rexistrou un descenso dos concursos (un 45% menos) e dos despedimentos (un 20% menos).
A demanda de prezos dignos para o leite chega ata Belén
A situación do sector lácteo, os desafiuzamentos, a corrupción, os salarios baixos ou a situación dos refuxiados están presentes nos nacementos instalados nas igrexas de San Antonio de Momán (Xermade) e San Pedro de Cambás (Aranga), parroquias do coñecido cura de Xestoso
428 emigrantes galegos/as sen dereito a voto buscan abstencionistas solidarios/as
A iniciativa lanzada pola Marea Granate para que milleiros de mozos e mozas residentes no exterior non queden sen votar suma máis de sete mil solicitudes en todo o Estado, medio milleiro en Galicia, onde xa se rexistraron 69 persoas que cederán o seu sufraxio