Máis dun millón de persoas viven nos concellos galegos que prohibiron os circos con animais
Son un total de 30 e a semana que vén Narón converterase no número 31. Tamén A Coruña, a única das sete cidades que aínda non o fixo, aprobará nos vindeiros meses unha moción neste senso.
A xustiza anula o acordo plenario que buscaba o cesamento do alcalde de Viana do Bolo
Secundino Fernández (BNG) seguirá á fronte do Concello, tras ser declarada "improcedente" a iniciativa presentada en outubro polo PP, que sinalaba unha suposta incompatibilidade para ocupar o cargo. O xuíz afirma que se quería "derrocar o Alcalde electo"
...E Betanzos seguiu sendo o Ohio galego
A vila practicamente calcou os resultados obtidos por cada candidatura en Galicia, con variacións inferiores a un punto. En Arteixo, Cambre e Redondela, onde dende 1977 sempre gañara o mesmo partido que no conxunto de España, desta vez non foi así.
"Na primeira Transición Galicia estaba ausente. E hoxe si que somos protagonistas"
A pasada semana Xoán Hermida presentou na USC a súa tese de doutoramento, Movementos Sociais e Altermundismo en Galicia. De Nunca Máis a AGE (2002-2012), que analiza a conformación do movemento social galego actual, que acabou por constituír novas estruturas políticas
A anulación do PXOM de Vigo pon en cuestión os orzamentos municipais e o modelo de cidade
A Marea alerta, apoiada nun informe da consulora esPublico, que a sentenza obrigará a devolver milleiros de recibos do IBI cobrados indebidamente, o que suporá millóns de euros para o Concello. PSOE e PP manteñen a súa discusión sobre a responsabilidade do sucedido
A Galipedia necesita máis mulleres
Pouco máis do 10% dos textos da enciclopedia libre teñen autoría feminina, o que acaba por producir nesgos nos contidos. Falamos sobre este problema e as súas consecuencias con Elisardo Juncal, un dos administradores da Wikipedia en galego.
Tres anos despois, En Marea duplica os votos de AGE
A candidatura, con 408.370 apoios, compite de igual a igual co PP na Galicia urbana e as comarcas máis poboadas. Gaña en Vigo, Redondela, Moaña, Cangas, O Grove, Narón, Ames, Arteixo, Cambre, Culleredo, As Pontes, Fene, Mugardos e Corcubión
As entidades de Traballo Social sinalan eivas nos programas de PP e Ciudadanos
O Consejo General del Trabajo Social, que agrupa os 36 colexios oficiais en España e a 40 mil profesionais, analizou as propostas das cinco principais candidaturas a nivel estatal en materia de servizos sociais.
Os soldos continúan estancados en Galicia
Os datos do INE amosan mesmo un descenso no custe salarial medio en Galicia dun 2% en relación a xuño e dun 0,05% con respecto a hai 12 meses. O salario por hora na nosa comunidade supera só o de Estremadura, Canarias e Baleares
Entidades sociais apelan á responsabilidade dos medios ao informar das persoas sen teito
O Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais e a Coordinadora Galega de ONGD critican o tratamento de El Correo Gallego, que cualificou as persoas sen fogar como "pies negros" que "campan a sus anchas por el Toural o Cervantes"
A Xunta non cubriu 2.800 das vacantes xeradas no SERGAS dende o 2011
A CIG alerta de que a oferta pública de emprego convocada pola Xunta é “absolutamente insuficiente” para atender as necesidades do sistema e a calidade na atención ás e aos doentes. Critica tamén os obstáculos que esa situación xera para o persoal sen praza fixa, unhas 36 mil persoas.
A Coruña e Vigo rexistran as maiores fendas salariais entre homes e mulleres
Nas dúas maiores cidades de Galicia o desequilibrio é de 2,8 e 2,1 euros por cada hora traballada. A diferenza é menor en Ourense (0,8) e Lugo (0,6). A fenda de xénero é maior nas contratacións indefinidas (2,2) que nas temporais (1,2) e dispárase nos empregos a tempo parcial (2,9).