As persoas maiores de 55 anos serán a metade da poboación galega en 2031
O INE publicou este xoves as súas proxeccións demográficas para os vindeiros 15 anos, prevendo que Galicia perderá 231.000 habitantes e terá unha taxa de natalidade de 5 nacementos por cada mil habitantes.
O retroceso do galego na infancia, en 11 gráficos
O último número da Revista Galega de Educación céntrase no ensino infantil. Os datos achegado polo IGE en 2013 renovaron as voces de alarma pola moi negativa situación da lingua galega na mocidade e a súa rápida substitución polo castelán en moitos ámbitos.
Así se moveu o taboleiro electoral, comarca a comarca
O PP creceu en 42 das 53 comarcas. En Marea mellorou o resultado de AGE en todas menos en Santiago e Xallas. O PSdeG-PSOE só creceu en catro e o BNG en sete, descendendo no resto. Gráfico no interior
O alcalde de Ferrol limita as competencias de tres edís do PSOE, aos que acusa de "deslealdade"
O rexedor alega "falta de confianza" en Beatriz Sestayo, Germán Costoya e Bruno Díaz, que quedarían só coas áreas de Muller, Turismo e Festas, perdendo Benestar Social, a concellaría da líder socialista, que comparecerá esta tarde para anunciar se acepta o novo reparto
O CERA decidirá se o PSdeG obtén un escano máis por Ourense
Neste momento o derradeiro posto corresponde ao PP por tan só 135 votos. Os socialistas necesitan obter a terceira parte dos sufraxios exteriores que os populares teñan na provincia máis eses 135 votos. Cos datos do 26X e o 20D quedarían ás portas de acadar o seu asento número 15.
A esquerda perde 40 mil votos nas sete cidades con respecto ás xerais de xuño
O PP gaña en todas elas, por diante de EnMarea, que se deixa 30 mil sufraxios en tres meses, o mesmo que PSdeG-PSOE (-32 mil) e Ciudadanos (-33 mil). O BNG recupera 22 mil. Nestes comicios votaron nas urbes 58 mil persoas menos que na última convocatoria estatal
A familia do Sr Anido e a Sra. Álvarez: Extraterrestres, buracos negros e Kurosawa
Rafa Anido e Javi Álvarez (Fluzo) unen forzas en 18 (Prenom / Grabaciones de Impacto / Porno / Bajoelvolcán, 2016), nove temas que navegan entre o surf, o shoegaze, o garaxe e a electrónica e un universo propio
"A política de comunicación dunha coalición debe superar o 'para min a tele e para ti a radio'”
ENTREVISTA Falamos con Paulo Carlos López sobre a estratexia máis adecuada para trasladar con máis eficacia á sociedade a acción política dun executivo multipartito, xerando un relato compartido e superando os conflitos que poidan xurdir no seo da conxunción
O voto por correo crece un 38% e supera o dato de 2005
42.300 galegos e galegas enviaron os seus sufraxios, un número moi superior aos pouco máis de 30 mil que se rexistraron en 2012. A cifra sitúase por riba do anterior máximo histórico: os 40.500 electores/as de hai 11 anos.
O Tribunal de Contas da UE pon en cuestión o investimento nos portos exteriores da Coruña e Ferrol
O informe subliña a escasa actividade das dúas infraestruturas, que recibiron 257,5 e 39 millóns de euros, respectivamente. Avala a ampliación do peirao de Vigo, pero critica que se producira un sobrecuste de 5 millóns
As zonas urbanas votan menos nas eleccións galegas que nas xerais. Que implica isto?
A participación nos comicios do 20D ou do 26X nas cidades e nas áreas metropolitanas foi entre 5 e 10 puntos superior á de 2012, mantendo unha tendencia histórica que favorece á esquerda nas convocatorias estatais e a prexudica nas autonómicas.
A Xunta anuncia prácticas en empresas para 130 mozos e mozas a tres días dos comicios
A iniciativa beneficiará a 130 persoas de 18 a 25 anos. A taxa de actividade dos menores de 25 non deixou de reducirse dende a chegada de Feijoo ao poder. A taxa de paro entre os 16 e 19 anos é do 64% e entre os 20 e os 24 sitúase no 41%, moi por riba dos datos de 2009.