"É o momento de que Defensa devolva o espazo aos habitantes da Cidade Vella"
ENTREVISTA O arquitecto Xosé Lois Martínez é un dos impulsores da plataforma cidadá que loita para que os terreos da Maestranza, propiedade do Ministerio de Defensa no centro da Coruña, teñan un aproveitamento público.
Eduardo Garzón: "A cuestión é se o novo Goberno vai resistir ou se vai render ás esixencias da UE"
ENTREVISTA O economista estivo este xoves en Ourense para presentar a iniciativa de traballo garantido proposta por Esquerda Unida. "Que non haxa empregos non quere dicir que non haxa traballo. Hai moita xente que esta traballando, pero non recibe remuneración", di.
Estudantes da USC protestan contra o machismo dun profesor amosando os seus peitos
Alumnas e alumnos do Máster de Xénero, Igualdade e Educación denuncian con esta acción o "discurso sexista" deste profesor da Facultade de Económicas, que o mes pasado lle dixo a unha estudante que lle "desconcentraba" o seu "escote". Critican tamén a inacción da USC.
Un estudo do CGPJ derruba unha vez máis o mito das denuncias falsas por violencia machista
O Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consejo General del Poder Judicial analizou 500 sentenzas ditadas polas Audiencias Provinciais entre 2012 e 2014. Só en dous casos (o 0,4%) detectouse falsidade no testemuño da denunciante, e nun deles foi para protexer o agresor.
AGE pide o rescate do Hospital de Vigo nun tenso debate que acaba coa expulsión de Beiras
Propón que a Xunta pague os 70 millóns que achegaron as concesionarias para evitar a "peaxe na sombra" desta instalación. O portavoz da coalición de esquerdas perde durante 15 días os seus dereitos parlamentarios, tras increpar no seu escano ao voceiro do PP, Miguel Tellado.
"O Ministerio de Defensa non se pode comportar como unha inmobiliaria"
Unha plataforma cidadá convoca unha asemblea aberta na Coruña para denunciar a venda dos terreos da Maestranza para a construción de vivendas de luxo en pleno centro da cidade, unha operación coa que o Exército espera obter 25 millóns de euros. Falamos con Ricardo Vales
"Os e as menores transexuais teñen dereito a contar con profesionais ben formados"
Falamos con Isabel Taboada, do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, que organiza un curso que busca achegar pautas básicas de acompañamento ás mozas e mozos en situación de transexualidade, así como ás súas familias
"Temos que mudar as estruturas para que a acción procomún sexa fácil, cómoda e custe menos"
ENTREVISTA Toni Lodeiro (Opcions, autor de Consumir menos, vivir mejor) intervén este luns e martes na Coruña nas Xornadas sobre Comercio Local e Consumo Responsable que se están a celebrar na Coruña.
Errejón: "En Marea revelouse como un instrumento útil e gañador"
ENTREVISTA Íñigo Errejón, portavoz parlamentario de Podemos, participou este sábado en Pontevedra nas xornadas Das prazas ás institucións. Falamos con el sobre o escenario político en Galicia e sobre as negociacións para a formación de goberno no Estado.
Custodia compartida: un obxectivo non sempre posible
A sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz, acolle esta noite (20.30 horas) unha mesa redonda sobre custodia compartida, na que participarán a maxistrada María Pedreira e a psicóloga Marta Rivas, moderadas pola avogada Celia Pereira.
O novo sistema de recollida de lixo en Pontevedra reducirá o custe á metade cunha reciclaxe do 70%
O modelo, inspirado no que funciona en Austria, Guipúscoa e Navarra, baséase na mellora da separación en orixe, na compostaxe e na participación da cidadanía. O novo plan anticípase ás demandas da UE, que no 2020 esixirá unha taxa de reciclaxe superior ao 50%
As matemáticas (en galego) explícanse de marabilla
Vén de comezar o prazo para participar no concurso Explícoche Matemáticas 2.0, consistente no envío de vídeos nos que -en dous minutos- se expoña un concepto matemático en lingua galega.