"O xornalismo debe seguir incomodando aquelas persoas que teñen o poder"
Diagonal celebra esta fin de semana o seu décimo aniversario, cun proxecto de xornalismo independente, apoiado en case cinco mil subscritores e subscritoras. Falamos cun dos seus redactores, Pablo Rivas
Tres entidades denuncian ante a Fiscalía os contratos de Plexus coa Xunta
Ciudadanos de Centro Democrático de Galicia, Xuntos por Galicia e a Alianza Anticorrupción acusan a esta trama de empresas de presuntos delitos de prevaricación, suborno, tráfico de influencias, malversación de fondos públicos e financiamento irregular do PPdeG.
"Hai medo a que a xuventude se autoorganice, a que sexa crítica"
Millán Brea presentou a pasada semana a súa tese de doutoramento, na que analiza o funcionamento da Casa da Xuventude ourensá entre 1978 e 1992 e a súa importancia como dinamizadora da cultura na cidade.
Galicia, sen mocidade quedas que te poida traballar
A poboación menor de 35 anos descende nas 53 comarcas galegas. Nos últimos cinco anos o número de mozos e mozas caeu un 13% en Ferrolterra ou Vigo e en zonas coma A Fonsagrada, O Ribeiro ou Terra de Celanova a caída rolda o 20%.
"Na Coruña mandan os de sempre, que ademais nunca se presentaron ás eleccións"
Manuel Monge presenta este xoves O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira (Laiovento), no que analiza a xestión realizada polo Goberno municipal nos últimos catro anos, unha volta -di- ás prácticas e políticas habituais nos tempos de Francisco Vázquez.
Os antigos cárceres de Málaga e Murcia serán centros culturais. E o da Coruña?
Os Gobernos municipais de ambas as dúas cidades anuncian o inicio dos traballos de rehabilitación para convertelos en espazos de arte e cultura. Proxecto Cárcere pídelle ao Concello da Coruña e ao Goberno central que "estean á altura e axilicen os trámites para o traspaso" da prisión herculina
Unidade hoxe, para defender a universidade pública de mañá
Os claustrais en representación do PAS das tres universidades presentan un Manifesto pola subsistencia dun Sistema Universitario Galego público, no que alertan da falta de financiamento. Acusan a Xunta de favorecer a competencia entre os centros no canto de promover a cooperación.
O teatro perdeu 200 mil espectadores en Galicia dende o 2009
Os e as asistentes ás obras teatrais en Galicia pasaron de 549 mil en 2009 a 355 mil en 2013 (un 35% menos). O número de representacións caeu de 2.944 a 1.495 (un 49%), segundo destaca un estudo presentado este mércores polo Observatorio da Cultura Galega
Parque de Bens: De zona verde a circuíto automobilístico
O Museo da Automoción da Fundación Jorge Jove, que deixará inutilizable unha parte importante deste espazo verde coruñés, inclúe unha serie de instalacións complementarias, coma unha zona todo terreo, unha pista técnica e un circuíto no que realizar presentacións de novos modelos
"Queda aínda dar o paso dende as grandes proclamas ás pequenas accións"
ENTREVISTA Vén de saír do prelo Ecoloxía Política. Olladas desde Galicia (OBenComún) un volume colectivo con 17 traballos, coordinado por Xoán Hermida e Xan Duro. Preséntase este mércores en Compostela e o sábado na Coruña
O día que Otero Pedrayo falou da primavera
A USC e a Fundación Otero Pedrayo conmemoran este martes o aniversario da "derradeira lección" do intelectual na universidade, o seu discurso de despedida como catedrático, ofrecido o 5 de marzo de 1958.
O turismo rural segue estancado
Os datos provisionais de 2014 amosan o primeiro incremento en catro anos no número de usuarios e usuarias destes establecementos, pero as cifras seguen en niveis de hai unha década. Compostela, Vigo, A Coruña e as Rías Baixas concentran o 70% do turismo en Galicia.