Marea Ártabra: "Optimismo, visión de futuro e empatía"
A iniciativa cidadá da comarca de Ferrolterra para as vindeiras eleccións municipais celebra este xoves a súa primeira asemblea. Será no Centro Cultural Carvaho Calero ás 20 horas. Falamos cun dos seus impulsores, Miguel Castro.
O Goberno péchalles a porta ás televisións sen ánimo de lucro
O Executivo aprobou o plan técnico para a TDT, deixando fóra as canles comunitarias, en contra da recomendación do Consello de Estado. A Rede de Medios Comunitarios (ReMC) e a Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) critican a decisión
O xulgado falla contra o Ateneo Ferrolán, que baralla recorrer ou demandar o Concello
A sentenza obriga a entidade a pagarlle 39 mil euros a Mudanzas Félix, o que poñería en grave risco a súa continuidade, e ignora a responsabilidade do Goberno municipal, que se comprometera a aboar esta cantidade.
"Non pode ser! Escaleiras mecánicas e xente sen comer!"
Dende o pasado sábado un grupo de persoas da Asemblea de Movementos sociais de Vigo manteñen unha acampada ante a sede da Xunta na cidade. Denuncian os limitados recursos das axudas sociais e a demora no pagamento da Risga.
"A universidade ten que preocuparse por exteriorizar cales son os efectos dos recortes"
A CIG rexeita frontalmente o Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio, que porá en marcha a USC para reducir o seu deficit en 16 millóns. Alba Nogueira alerta de que as medidas poñen en risco a capacidade docente e investigadora.
O punto de encontro para a música galega
Esta semana presentouse a segunda edición dos Premios Martín Códax da Música, que se entregarán o vindeiro 17 de decembro en Pontevedra. Falamos con Xacobe Martínez Antelo, voceiro da Asociación de Músicos ao Vivo, promotores dos premios.
"Non queremos que Humberto quede como un asasino. Queremos que quede como o que é: un asasinado"
Este sábado 27 de setembro fan 39 anos das últimas execucións do franquismo. Entre elas a do vigués Xosé Humberto Baena, que será homenaxeado no cemiterio de Pereiró, e para o que a súa familia pide a reapertura do seu caso e que se recoñeza a súa inocencia. Falamos coa súa irmá, Flor Baena.
As deseñadoras galegas, contra os concursos das entidades públicas que fomentan "traballar gratis"
A Asociación de Deseñadores Galegos, publica un duro comunicado contra as convocatorias que "baixo o disfrace de oportunidade profesional, en realidade agochan un dano continuado á nosa profesión"
Galicia, unha potencia en webseries
Ben por necesidade -ante o custe ou a limitación doutras canles- ben por fe no soporte, cada vez son máis as series realizadas para a rede en Galicia, con algunhas producións pioneiras no Estado e mesmo un festival específico, celebrado en abril en Carballo.
"Manter o labor de Benito Losada a prol da cultura en Ourense é un deber cidadán"
As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense celebrarán nas vindeiras semanas a súa 26ª edición. Falamos con Xosé Lois Vázquez (Asociación Benito Losada) e con Ricardo Rodríguez (Libraría Sindicato do Cómic)
Womex, festa e trampolín da música galega
Falta menos dun mes para o inicio da edición 2014 do Womex, que se celebrará en Compostela do 22 ao 26 de outubro. Falamos con Vítor Belho, de Nordesía, socio organizador local do evento.
"Que haxa mulleres que deseñen o futuro das novas tecnoloxías é crucial"
Este venres celébrase en Compostela o Freeday4Girls, un evento que busca a visualizar e promover o rol da muller no eido do software libre en Galicia. Falamos cunha das súas participantes, María R. Malmierca, do CESGA, coordinadora do proxecto europeo ICT-Go-Girls!