SOS Sanidade Pública mobilízase contra o peso crecente do sector privado en Galicia
Este xoves están convocadas 11 manifestacións e concentracións baixo o lema "Os recortes matan. Non ao negocio da saúde". O 24% das camas hospitalarias en Galicia están en centros privados e nos últimos cinco anos pecháronse case 500 camas en centros públicos.
Medio millón de galegos e galegas residen fóra de España
O seu número incrementouse en 110 mil persoas dende o 2009 (un 29%). Arxentina, Venezuela, Brasil, Uruguai, Suíza, Cuba, Francia, Estados Unidos, Alemaña, Reino Unido e México acollen os maiores continxentes.
A CUT dimite da presidencia do Comité Interempresas da CRTVG e forza a convocatoria de eleccións
O sindicato maioritario na radio e televisión públicas toma esta decisión despois de que o 12 de marzo a maioría do persoal aprobase en referendo o convenio colectivo asinado por CIG, USO, UGT e CC.OO. e que para a CUT supón "o maior retroceso en dereitos en 30 anos"
"Os problemas de Ponteareas só se arranxan tratándoos coa importancia que merecen"
Medio cento de persoas pasaron a noite pechadas na Casa do Concello, despois de que o alcalde suspendese o pleno municipal no momento en que se debatía o Informe de Mínimos presentado pola asociación Ponte Solidario para analizar a situación de "emerxencia social" da localidade.
Galicia, cada vez con menor acción exterior
O IGADI vén de presentar a edición 2015 do seu informe Nós no Mundo, no que critica a cativa política do Goberno galego neste ámbito e os pasos atrás dados nos últimos anos. O documento inclúe outros traballos de análise, nos que tamén se sinala o escaso interese da oposición polo tema.
Crece a oposición á privatización do rexistro civil
A entrada en vigor, en xullo, da nova lei pode implicar a imposición de novas taxas para os servizos que realiza o Rexistro Civil, hoxe gratuítos. Partidos, sindicatos e outras entidades denuncian o "beneficio privado" que implica a reforma
A loita das comunidades de montes de Pontevedra para reclamar o que é de todos
Os comuneiros e comuneiras de Xeve iniciarán unha batalla xudicial pola titularidade dos terreos que hoxe ocupa un campo de tiro. Únense a outras reivindicacións levadas a cabo na comarca de Pontevedra nos últimos anos polas terras da base da Brilat ou polo espazo do Hospital Montecelo.
Hai luz ao final do túnel, pero está aínda moi lonxe
Melloran as cifras de concursos de acreedores, demandas por despedimento, EREs ou execucións hipotecarias en Galicia, pero os datos seguen lonxe dos niveis previos á crise, como recolle o Consello Xeral do Poder Xudicial nun informe
As vítimas do accidente do Alvia, "decepcionadas" tras o encontro con Ana Pastor
Atoparon unicamente boas palabras na ministra de Fomento e no presidente de Renfe, que eludiron as súas demandas de cesamentos e de creación dunha comisión parlamentaria de investigación para analizar as responsabilidades políticas do sinistro.
Os suicidios aumentaron un 40% en Galicia dende 2010
O Movemento Galego da Saúde Mental cualifica de "alarmante" o incremento, que relaciona coas "consecuencias da crise" e a "ausencia de acción de Goberno". En 2014 houbo 390 casos, 14 por cada 100.000 habitantes, unha taxa moi superior á media española (8,3 en 2013)
Rocío Mosquera e o 'Efecto Streisand', altofalantes da crítica á desigualdade sanitaria
A Consellaría difunde o informe vetado da Comisión de Bioética, que conclúe que o decreto que limita o acceso á sanidade das persoas migrantes sen papeis "puxo en cuestión os principios de universalidade, equidade e gratuidade do modelo ético do Sistema Nacional de Saúde"
Cre que a prioridade no seu concello debe ser a loita contra a pobreza?
A Rede Galega de Loita contra a Pobreza presentou a campaña Concellos ao servizo das persoas, que busca o compromiso dos candidatos e candidatas ás eleccións municipais para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e o respecto dos dereitos sociais.