Fran P. Lorenzo gaña o Blanco Amor cunha novela protagonizada pola cidade de Vigo
O xurado escolleu por unanimidade a obra do xornalista, titulada Cabalos e Lobos, que percorre a historia dunha familia viguesa ao longo do século XX. O autor recibirá o galardón o vindeiro sábado 22 en Redondela.
"Queremos devolverlle a Barriga Verde o seu valor subversivo pero no contexto actual"
O Museo do Pobo Galego acolle este martes ás 19:30 horas de mañá a inauguración da exposición Barriga Verde, de feira en feira, que acolle as pezas orixinais coas que este títere popular se fixo famoso por todo o país. Falamos con Comba Campoy, responsable da mostra.
Mato recoñece que tres dos cesamentos en Traballo se deben á trama Zeta
O PSdeG ve nas renuncias na Consellería unha "crise encuberta" na Xunta e pídenlle a Núñez Feijoo "explicacións" sobre estes movementos -cinco cesamentos ou dimisións en poucos meses- nunha área “vinculada a irregularidades nos cursos de formación”.
"Do 'Ghalegho' ao 'Eu digo...'", dende Ribadeo
Alumnas e alumnos do IES Dionisio Gamallo realizaron un vídeo de resposta ao Ghalegho, no que había unha mención á vila mariñá. Defenden, ao igual que no realizado en Rianxo, as variantes dialectais do galego e, en concreto, as variantes propias da zona de Ribadeo.
Ourense prepárase para a súa semana grande de cine
O Festival de Cine Internacional de Ourense presentou este xoves a súa 19ª edición, na que destaca unha selección de filmes independentes e de temática social e o cinema galego: A Esmorga inaugurará o evento o 15 de novembro e proxectaranse Urxa, Continental e Sempre Xonxa.
Os premios fin de carreira, cousa de mulleres
40 dos 58 premios á excelencia para o alumnado das tres universidades galegas foron para licenciadas, e 18 para os licenciados varóns. Máis do 60% das persoas tituladas son mulleres
"Non se valoran as cooperativas sen ánimo de lucro como forma de autoemprego"
Vén de crearse a Rede SAL, que busca agrupar as cooperativas galegas sen ánimo de lucro. Realizará senllas presentacións este venres en Lalín e o sábado en Redondela, acompañadas de entidades de Cataluña, Euskadi e Madrid. Falamos con Marta Rodríguez, de Cousas da Terra
AGE cre que os 10 millóns destinados a Rozas servirán para construír drons militares
O aeródromo lucense recibirá un investimento de 10 millóns de euros ao abeiro de convenios cos ministerios de Economía e Defensa. A Xunta defende o "uso civil" destes avións non tripulados, que AGE pon en dúbida
A agardada enquisa do CIS pon en cuestión as bases do bipartidismo
Podemos é a primeira forza en intención directa de voto (17,6%), superando a PSOE (14,3%) e PP (11,7%). A estimación de voto realizada polo CIS mantén o PP (27,5%) por diante de PSOE (23,9%) e Podemos (22,5%). Falamos co analista Carlos Neira sobre o novo escenario electoral.
A preocupación pola corrupción disparouse en Galicia dende 2009
A percepción de niveis elevados de prácticas corruptas na política pasou de estar 10 puntos por debaixo da media española a situarse por riba, segundo foron reflectindo os estudos do CIS.
"Carecemos de estudos sobre as causas reais da violencia sobre a muller"
ENTREVISTA Teresa Peramato, Fiscal adscrita á Fiscal da Sala contra a Violencia da Muller, ofrece unha conferencia este mércores en Compostela, e onte fíxoo en Ourense. Vén de publicar o libro Desigualdad por razón de identidad sexual e identidad de género, homofobia e transfobia
A ciencia galega, un tren detido que vai custar arrincar
A pesar das leves subas rexistradas nos dous últimos anos, o investimento en I+D+i nas contas públicas galegas é hoxe un 15,5% inferior ao de 2009. Seis anos perdidos e en regresión.