Máis xuízas que xuíces, pero non en todos os órganos
O CGPJ vén de facer públicos os datos actualizados do Informe sobre a estrutura da carrera xudicial, que amosan que as mulleres representan xa o 51% de todos os xuíces en activo no Estado, e o 54,1% en Galicia. Porén, na Audiencia Nacional ou no Tribunal Supremo os homes seguen sendo clara maioría.
"Privatízanse prazas, sementes, coñecementos... Iso é o que une estas loitas"
O MARCO de Vigo e Alg-a Lab acollen este sábado o Encontro Comúns Situados, organizado por O Monte é Noso, no que responsables de cinco comunidades de montes poñerán en común a súa experiencia de traballo.
Os veciños de Sarria seguirán vixiando por quendas que non se reinicien as obras
A Confederación Hidrográfica afirma que a actuación se basea unicamente en motivos técnicos, pero a Plataforma Sarriana polo Río acúsaa de ignorar os informes que desaconsellaban o proxecto. O alcalde da vila acusa os veciños contrarios á obra de crerse "intelectuais con supremacía sobre o resto"
A 'peaxe' que nos cobran as tarxetas de crédito será menor
Ante a ameaza dunha forte multa por parte da UE, Visa vén de comprometerse a reducir nun 60% as comisións que lles cobra aos comercios. En Portugal, Pingo Doce, que dende hai un ano non acepta pagos con tarxeta inferiores aos 20 euros, anuncia que aforrou 5 millóns de euros nos últimos meses.
Tomiño, Tui e A Guarda cancelarán as súas contas en NCG se non devolve os cartos das preferentes
O pleno municipal de Tui aprobouno en decembro, o de Tomiño farao este xoves e o da Guarda na semana que vén. Danlle á entidade até o 31 de marzo para solucionar o problema, a mesma data comprometida por Juan Carlos Escotet Rodríguez, director de Banesco
A xustiza europea bota abaixo o céntimo sanitario
O Tribunal de Xustiza da UE declara que este imposto sobre hidrocarburos vulnera a lexislación comunitaria e abre a porta a que Galicia teña que devolver todo o recadado entre 2002 e 2012. O fallo segue o ditame feito público en outubro, ao que Feijoo restou importancia, afirmando que o imposto estaba "blindado".
"A historia da clase traballadora cóntase case sempre dende a elite das organizacións"
Xa se pode ver na rede o documental Un traballador do século XX, presentado hai dúas semanas no MARCO de Vigo, e realizado a partir das memorias de Manuel Barros, O rapás da aldea. Memorias dun traballador (1918-1976). Falamos co seu fillo, o historiador Carlos Barros.
Un pecio con séculos de antigüidade, desfeito ante a inacción da Xunta
Os restos desta embarcación, cuxa orixe aínda non foi datada con certeza, poderían corresponder a unha época post-medieval, segundo a Sociedade Cultural Columba, que denuncia que os responsables de Patrimonio non tomasen decisión ningunha para investigalos ou protexelos.
"Preguntáballes aos cazadores que facían cos galgos e eles contestaban sen pelos na lingua"
Este xoves proxéctase no Ágora da Coruña Febrero, el miedo de los galgos, o documental da catalá Irene Blánquez que amosa as difíciles vidas destes animais, que os cazadores abandonan cada ano nun número superior aos 50 mil en toda España. Falamos coa súa directora.
"Os artistas achegáronse a Rosalía dunha maneira pouco atrevida, cunha imaxe estereotipada"
Fernando Pereira publica Rosalía de Castro: Imaxe e realidade (Xerais), o primeiro estudo iconográfico dedicado á poeta. O autor salienta que a pesar da importancia da icona, non foi até hai pouco que comezou a haber un verdadeiro traballo de reflexión e reinterpretación sobre a súa imaxe.
SOS Panadeira denuncia agresións por parte da seguridade do Club Náutico de Sanxenxo
Os responsables do Náutico rodearon cun valo o espazo no que se realizarán as obras de construción dun pantalán privado, criticado polos veciños, o Concello e recorrido ante a Xustiza. Nas últimas semanas houbo varios episodios de tensión entre os veciños e a seguridade privada que vixila a maquinaria.
"En Sarria hai un baleiro de poder, a alcaldía xa non pinta nada"
A Plataforma Sarriana polo Río reitera as súas denuncias ante a ausencia de diálogo por parte do Concello e amósase convencida de que a decisión corresponde ao Ministerio de Medio Ambiente de Arias Cañete. Os responsables das obras recibiron orde de non cortar máis árbores este martes.