Que poderás saber e que non coa Lei de Transparencia?
Este mércores 10 de decembro entra en vigor a norma, reclamada durante anos e que obrigará ás administracións a ofrecer máis información pública que na actualidade. Porén, como xa viñeron criticando distintas entidades, a lei queda moi limitada en certos ámbitos.
A Igrexa, cada vez con menos voz nos 'Si, quero'
Tres de cada catro vodas celebradas en Galicia nos seis primeiros meses do 2014 (73,5%) foron exclusivamente civís. O cambio de hábitos dos galegos e galegas foi moi acelerado: No 2000, 8 de cada 10 matrimonios consagrábanse aínda nos templos.
O devalo da lingua na mocidade non se detén
Os datos publicados este venres polo IGE sobre o uso do galego confirman a preocupación polo descenso de falantes entre a mocidade. Tres de cada catro rapaces e rapazas de menos de 15 anos é castelanfalante, o mesmo de dúas de cada tres persoas entre 15 e 29 anos. O galego xa só é maioritario entre os maiores de 50 anos
O galego segue perdendo terreo, sobre todo entre a mocidade
Segundo os datos do IGE, a suma daqueles que declaran falar "en galego sempre" ou "máis galego que castelán" pasou do 56,4% até o 50,9%. Crecen os monolingües en castelán (sobre todo na mocidade e nas grandes vilas) pero tamén -levemente- os que só falan galego.
A Galicia onde si nacen nenos e nenas
Só 17 concellos galegos rexistraron un crecemento vexetativo positivo en 2013, é dicir naceron máis persoas das que faleceron. 8 pertencen á provincia de Pontevedra, 7 á da Coruña e 1 á de Lugo e outro á de Ourense. Ames encabeza a lista, seguido de Pontevedra e Arteixo.
O valor social das prácticas cooperativas, en destaque
A rede europea de proxectos de cooperación cidadá Cooperland, que celebrou o seu encontro central o pasado mes de setembro en Vigo, presentou dous documentos para fomentar a cooperación social no continente
Recoñecer a Hildegart, recoñecer a historia silenciada das mulleres
Este venres comeza no Ateneo Ferrolán o congreso dedicado a estudar e homenaxear a Hildegart Rodríguez Carballeira no centenario do seu nacemento. O encontro servirá para afondar noutras voces femininas de comezos do século XX. Falamos coas historiadoras Rosa Cal e Aurora Marco.
A Axencia Galega do Coñecemento en Saúde nace coa sombra da contratación 'a dedo' da súa dirección
O seu decreto de creación non establece os requisitos de acceso, solvencia académica, profesional, técnica ou científica habituais para estes postos. CIG-Saúde denuncia, ademais, que a axencia non garante a estabilidade laboral do persoal investigador contratado polo programa Miguel Servet.
O reitor da UDC critica os graos de tres anos porque "elevarán o custe para o estudantado"
Xosé Luís Armesto informou ao Claustro sobre a modificación lexislativa "precipitada e inoportuna" que abre a porta a un sistema de graos de 3 anos e de posgraos de 2 anos, que se podería implantar no curso 2016-17.
"Os gobernos europeos teñen as mans manchadas de sangue, son responsables dos crimes israelís"
ENTREVISTA Manu Pineda é activista pro dereitos humanos na asociación Unadikum e reside habitualmente en Gaza. Na recente invasión militar israelí exerceu de escudo humano para tentar evitar a destrución de hospitais e ambulancias. Este martes ofreceu unha charla en Compostela, este mércores está en Lugo e o xoves en Ourense.
"Un persoal estresado e con malas condicións non pode ofrecer unha boa calidade asistencial"
ENTREVISTA Centos de persoas concentráronse, convocadas pola CIG, en contra da política de contratación do SERGAS. Entre elas moitos e moitas profesionais sen praza, que sofren a precariedade das listas de substitución. Falamos con Mayra Dorribo, representante de Sanitarios Galegos Públicos (SAGAP)
Só o 26% dos mestres e mestras galegas teñen menos de 40 anos
CC.OO. denuncia que a taxa de reposición provocou a desaparición de máis de 45 mil prazas docentes en toda España (ao redor de tres mil en Galicia) e que na vindeira década haberá que reemprazar, por idade, outros 200 mil traballadores (13 mil en Galicia)