As bibliotecas comezan a recibir cartas de entidades de xestión reclamando o pago do canon
A Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia denuncia que os concellos están a recibir misivas de CEDRO, DAMA, SGAE ou VEGAP que os instan ao abono das cantidades correspondentes a 2014 pero tamén, retrospectivamente, ás dos cinco anos anteriores.
Josman: A historia do cine gardada nun videoclube
Este sábado estréase no CGAI o filme Josman (#dMudanza), que documenta o peche deste videoclube coruñés, o segundo máis grande de España, despois de 30 anos de actividade.
A Coruña: Moita policía (privada), pouca diversión
EU denuncia que dende 2011 o Goberno municipal gastou case nove millóns de euros en seguridade privada, sen contar os servizos contratados para festexos, coma a recente cabalgata de Reis. Axentes da Policía Local manteñen o conflito polo incumprimento do acordo salarial
As aulas non son lugar para o cinema
A Consellaría de Educación envioulles unha circular aos centros sinalando que a nova Lei de Propiedade Intelectual non permite a proxección de filmes nas clases. Falamos con Manolo González, que cualifica de "sen sentido" a indicación e reivindica o valor pedagóxico do audiovisual
"Isto non só atinxe ao humor gráfico. Isto é unha volta a tempos que pensabamos que desapareceran"
Falamos con Kiko da Silva para coñecer a súa reacción ante o atentado sufrido este mércores por Charlie Hebdo. Adianta que El Jueves debate xa máis de 60 propostas para "facer unha portada o máis valente posible e o máis sentida posible".
Quince esperanzas para o 2015
Tras varios anos de dura crise económica e desacougo no 2014 xermolaron, en diversos ámbitos, esperanzas que poden ser unha boa equipaxe para comezar o 2015. O que máis nos gustaría é que a listaxe (si, é unha desas listaxes de fin de ano) non estea completa.
O 75% do gasto militar ocúltase fóra das contas do Ministerio de Defensa
Así o afirma un estudo elaborado polo colectivo Utopía Contagiosa, co apoio doutras entidades como Ecologistas en Acción ou Espazo Aberto Antimilitar de Vigo.
A nova Estratexia de Inclusión Social: ben sobre o papel, á espera de realidades
Hai dúas semanas o Consello da Xunta aprobou a nova Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020. Falamos con Xosé Cuns, director da Rede Galega de Loita contra a Pobreza, que destaca que o plan posúe moitas virtudes que agora deben ser confirmadas con feitos.
Afectados pola Hepatite C en Galicia reclaman o tratamento que pode salvar as súas vidas
Realizaron actos informativos ás portas dos hospitais de Vigo e Compostela para demandar do SERGAS a aplicación de Sofosbuvir, eficaz no 90% dos casos, aprobado pola Axencia Médica Europea e incluído na lista de tratamentos financiados pola sanidade pública, pero que se lles está denegando.
Povisa mantén os recortes laborais a pesar de obter beneficios millonarios
O centro hospitalario privado anuncia "duros axustes laborais" ao cadro de persoal, malia obter 11 millóns de euros de beneficio neste ano. É o centro sanitario de referencia para 140 mil pacientes da área de Vigo e o seu funcionamento dispara as xa elevadas listas de espera.
Feijóo presenta o centro de investigación de drons de Rozas ocultando os seus usos militares
No acto, que tivo lugar este martes no aeródromo situado en Castro de Rei, participaron representantes de multinacionais fabricantes de armamento e altos cargos do Ministerio de Defensa, que si fixeron referencia aos fins militares da instalación. Falamos con Ramón Vázquez, deputado de AGE.
A TVG xustifica non pagarlles aos creadores de curtas porque non son "profesionais"
A deputada do BNG Ana Pontón trasladou ao Parlamento a denuncia realizada polo Observatorio Galego do Audiovisual, que sinala que a televisión pública buscaba facerse cos dereitos de emisión de curtametraxes galegas sen remuneración ningunha