Unha manifestación denunciará que a Xunta busca a "privatización" dos montes comunais
A marcha, convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e a FRUGA, percorrerá as rúas de Compostela este sábado. Acusan o Goberno galego de querer forzar a privatización da xestión das comunidades con débedas.
Derrubar a Casa da Xuventude de Compostela, si ou non?
Unha plataforma protesta contra a eliminación deste criticado edificio, sinalando que "gastar 165.000 euros de diñeiro público en demoler un edificio en plenas condicións de uso non é prioritario nestes tempos". A medida, aprobada por unanimidade no pleno municipal, busca abrir un acceso ao parque de Belvís dende o casco histórico.
Unha wiki galega para visibilizar o papel das mulleres nas TIC
A Facultade de Informática da Coruña promove un concurso, destinado ao estudantado de secundaria, baseado na elaboración de biografías de mulleres destacadas no eido das Tecnoloxías da Información.
"Se a xente puidese cobrar este ingreso mínimo, isto daríalle seguridade persoal"
Este sábado pecháronse en Teo as xornadas informativas sobre renda básica, organizadas por AGEe e o Colectivo pola Renda Básica Universal de Compostela. Falamos cunha das activistas deste colectivo, a educadora social Eva López Soto
"Unha renda básica universal finánciase a través dunha gran reforma fiscal"
ENTREVISTA O economista Daniel Raventós participa este venres e sábado nas Xornadas informativas sobre a Renda Básica, organizadas en Compostela e Teo por AGEe. Participarán tamén activistas da ODS-Coia ou Baladre.
Lantero: a protesta polo posto de traballo e polo propio dereito á protesta
O persoal leva 32 días en folga como consecuencia dos 32 despidos decididos pola empresa, cunha redución de salario dun 30% para o resto. Denuncian actitudes de "coacción do dereito á folga", coma a instalación de cámaras ou a contratación de axentes de seguridade "armados"
AGE e BNG apoian dende o Parlamento as 'Marchas da Dignidade'
O vindeiro 29 de novembro seis columnas procedentes de toda Galicia confluirán en Compostela, co obxectivo de encher a praza do Obradoiro ao berro de "pan, traballo e teito"
"De non haber mobilizacións, estarían xa en marcha unha ducia de unidades de xestión clínica"
ENTREVISTA O que ía ser unha simple tradución ao castelán de A saúde como negocio (Laiovento, 2012) converteuse nun libro novo, La salud como negocio, que relata os ataques conta a sanidade pública nos últimos dous anos. Falamos con Pablo Vaamonde, coordinador da obra.
Reclaman máis peso para as entidades sociais na redacción do Plan Director das rutas xacobeas
O Foro do Camiño Primitivo insta o Xacobeo a que "priorice o valor histórico e cultural dos camiños fronte ao comercial e turístico". Valora a vontade de diálogo amosada pola Xunta, pero sinala o excesivo papel que xoga a consultora encargada do plan. Falamos con Xoán Xosé Molina
A feira ecolóxica de Arzúa tómalle o pulso a un sector en alza
Un total de 65 produtoras, distribuidoras, cooperativas, entidades e artesáns amosarán as súas propostas este sábado e domingo. Falamos co seu coordinador, Manuel Roxo
A Xunta reacciona á denuncia do Outono Fotográfico sobre a "hostilidade" da Casa da Xuventude
Os responsables do festival acusaron a Xefatura Territorial en Ourense de dar orde de "ter apagadas as luces da sala onde se expón Soledades, de Santi Ayuso". Convocaran un acto para retirar as obras, anulado finalmente despois de que a delegación do Goberno galego reaccionase á denuncia.
As universidades galegas, viveiro e incubadora de empresas
Nos últimos anos máis de 80 proxectos empresariais baseados no coñecemento saíron da USC, UVIGO e UDC en forma de spin-off. Os centros acollen outras iniciativas, ás que ofrecen asesoramento, instalacións e servizos, e que no futuro poden tamén iniciar un camiño independente.