SOPA14: Poñendo en valor o patrimonio dende Celanova
Durante toda esta semana Celanova acolle o II Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural (sOpA 2014), coa participación de proxectos e expertos de varios países, e unha gran representación do tecido investigador e activista galego
"Estamos nunha época na que os temas de memoria volveron a un espazo marxinal"
O auditorio do Concello de Vigo acolle este sábado 27 a estrea do documental A Volta dos 9, de Antonio Caeiro, que lembra os asasinatos de nove mariñeiros de Baiona e Panxón en 1936. O Concello de Nigrán denegou o uso do salón de actos para a estrea. Falamos co seu director.
"A estrea de 'Costa da Morte' sérveme para pechar unha etapa"
Este venres chega aos cinemas o filme de Lois Patiño, que no último ano recibiu unha ducia de premios en festivais en todo o planeta. Poderase ver na Coruña, Vigo, Ferrol e Cee, ademais de Madrid, Barcelona, Málaga e Valencia.
FP Básica: Unha solución que é un problema
Unha das novidades do actual curso escolar é a FP Básica, que busca recoller o alumnado que non conclúe a súa formación obrigatoria. Os sindicatos critican o recorte de prazas con respecto aos PCPIs, cualifican a medida de "maquillaxe estatística" e cren que pode prexudicar o conxunto da FP.
"É importante que todos os galegos e galegas teñan a posibilidade de ver 'A Esmorga'"
A Esmorga será a encargada de inaugurar, o 15 de novembro, o Festival de Cine Internacional de Ourense. E o día 21 dese mesmo mes estrearase en todas as cidades e vilas galegas, con nada menos que 25 copias. Falamos co seu director, Ignacio Vilar
Manzaneda, no camiño de municipalizar o servizo de cociña do CEIP
Os alumnos e alumnas do centro volveron esta mañá a clase despois de seis días de folga. A Xunta ofrece achegarlle ao Concello 2,85 euros por neno e nena (11.500 euros anuais) pola xestión do servizo, dous mil euros menos do que lle paga á empresa de catering concesionaria.
"Se non tes personalidade propia, non existes no panorama internacional..., nin no local, vaia"
O Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, celebrará a súa undécima edición entre o 6 e o 11 de outubro. Falamos co seu director, Pela del Álamo.
"Castelao expresa os mesmos prexuízos sobre os xudeus que atopamos en tantos outros escritores"
O número 202 da revista Grial, dedicado a Castelao, publica unha investigación de Craig Patterson sobre as visións expresadas polo rianxeiro sobre os xudeus e a cultura xudía. Para Patterson, Castelao deixa ver un claro "antisemitismo".
"As prácticas cooperativas cidadás xeran benestar social"
O 19 e 20 de setembro celebrarase en Vigo o II Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas Cidadás, no que expertos e representantes de entidades de seis países do continente debaterán a situación, problemas e potencialidades deste tipo de proxectos. Falamos con Rita Bouvy, responsable de comunicación.
Telmo Comesaña: "Non se pode xuntar vítimas e verdugos"
Caballero anunciou que recorrerá a sentenza xudicial que o obriga a derrubar a Cruz do Castro, construída como exaltación ás tropas franquistas. Falamos co presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e repasamos outros símbolos da ditadura que se manteñen en Galicia.
"Como Caballero non ten argumentos, acode á calumnia"
Cumprido xa o prazo dado polo Concello de Vigo para que a Asociación Veciñal de Teis abandone o Centro Cívico, dende a entidade aseguran que non recibiron ningunha nova comunicación. Alertan de que a xestión privada do espazo provocará un maior custe e un peor servizo.
"Podemos dicir que a nivel de pallasos e pallasas Galicia é unha potencia"
O Festiclown celebra os seus 15 anos de historia con programación en San Fernando de Henares (18-21 de setembro), Palestina (1-9 de outubro) e Lugo (4-12 de outubro). Falamos con Iván Prado, director do festival.