"No mundo de Internet, se tes algo que te diferencia é máis doado que te atopen"
Falamos con Edita de Lorenzo, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, elixida primeira directora xeral da Asociación Puntogal, que xestionará o desenvolvemento do dominio galego.
Dende o 25 de xullo, Praza.gal
A Asociación Puntogal deu a coñecer as 93 entidades sociais, empresas e administracións públicas que nuns días comezarán a usar o dominio .gal. entre elas estará Praza. Edita de Lorenzo, nomeada directora xeral de Puntogal, xestionadora do dominio galego na rede.
Ningún neno pasa fame en Ferrol?
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia pide a dimisión da concelleira de Benestar Social da cidade departamental, Rosa Martínez Beceiro, despois de que afirmase nunha entrevista que "en Ferrol ningún neno pasa fame".
'Alerta Feminista' ante o inminente recorte do dereito ao aborto
Gallardón afirmou este luns que levará ao Consello de Ministros o seu proxecto de reforma "este verán". O PP segue xogando cos tempos, pero a data escollida podería ser este venres, para aproveitar a desmobilización social estival e evitar que Rajoy teña que explicar publicamente a medida.
O alcalde de Muras inaugura a súa polémica aldea etnográfica
O proxecto, ideado polo rexedor popular Issan Alnagm, foi moi criticado polos grupos da oposición polo seu elevado custe e por supostas irregularidades na adquisición das terras e os inmobles e na execución das obras.
Hildegart Rodríguez Carballeira, cen anos despois
O Ateneo Ferrolán conmemorará en decembro o centenario do seu nacemento cun Congreso e actos de homenaxe. Nena prodixio, líder esquerdista, activista do feminismo e da educación e a liberación sexual, foi asasinada pola súa nai con 19 anos de idade.
Iníciase a recollida de sinaturas para pedir o acceso de cans ás praias en Vigo
O pasado martes 15 de xullo o Concello de Vigo deu marcha atrás na súa decisión de permitir o acceso de cans polas noites á cala de Toralla. Os e as propietarias de animais anuncian novas mobilizacións, despois da exitosa concentración celebrada o pasado domingo en Bouza
As vías alternativas acollen o tráfico que perde a AP9
Mentres a AP9 segue perdendo usuarios e usuarias, vías alternativas coma a N-550, a N-651, a A-55, ou a N-634 manteñen ou incrementan o seu tráfico
Un recurso discute o sobresemento do caso Someso
A pasada semana a xuíza decidiu arquivar a denuncia contra Francisco Vázquez e Antonio Fontenla por irregularidades e ilegalidades ao redor da venda de terreos municipais no coruñés polígono de Someso.
"A violencia e o medo son a normalidade en Palestina. E iso non debería ser normal"
O vigués Moncho Iglesias leva ano dando clase en Belén e Nablus, aínda que hai meses que tivo que abandonar Palestina, ante a negativa de Israel a renovarlle o seu permiso de residencia. Falamo con el sobre o día a día do pobo palestino, e da nova operación militar en Gaza, que xa matou máis de 200 persoas.
"Propoñemos un proceso liderado pola cidadanía para gobernar Ames"
O vindeiro sábado celébrase a I Romaría de Ames Novo, que a pasada semana lanzou unha proposta para conformar unha candidatura cidadá aberta para concorrer ás eleccións municipais do vindeiro ano. Falamos co seu coordinador, Quique Costas.
Un "espazo de confluencia" para "recuperar María Pita para o 99%"
Vén de presentarse o manifesto Marea Atlántica, con 99 asinantes iniciais, que chama a “abrir un proceso que consiga sumar forzas de cara ás eleccións municipais do ano vindeiro”